Francisco Fernández Montes
Francisco Xosé Fernández Montes, nado en 1963, é un avogado e político galego de Independentes por Rábade, exalcalde de Rábade.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Rábade | |
1999 – 2023 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Rábade |
Ocupación | político, avogado |
Traxectoria
editarAvogado de profesión. Presentouse por primeira vez ás eleccións municipais de 1995 como cabeza de lista de Independentes por Rábade. Nas municipais de 1999 foi elixido alcalde de Rábade como cabeza da candidatura Independentes por Rábade. Nas municipais de 2003 volveu ser elixido alcalde ao acadar IR a maioría absoluta. Nas municipais de 2007 volveu gobernar o concello grazas ao apoio do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2011, a abstención do PSdeG-PSOE propiciou a súa reelección[1]. No 2015, o candidato socialista (Miguel Vilar Rivas) dimite tras as votacións, ocupando o seu posto Alejandro Martínez Campos,[2] o cal fai alcalde a Xosé Fernández Montes.
Predecesor: Alfonso González Barrera |
Alcalde de Rábade 1999 - 2023 |
Sucesor: Remedios González Cabarcos |
Notas
editar- ↑ O PSOE abstívose e Montes foi reelixido rexedor de Rábade
- ↑ "Rábade aprobó dos sueldos, uno para el alcalde y otro para el edil del PSOE". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-07-14. Consultado o 2017-12-18.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Entrevista en El Progreso
- Noticia en El Progreso