Filosofía helenística
Historia da filosofía occidental |
---|
Períodos |
Presocrática Grega Helenística Medieval Renacentista Moderna Contemporánea |
Séculos |
XVII XVIII XIX XX |
A filosofía helenística é un período da filosofía occidental que se desenvolveu na civilización helénica tras Aristóteles e acabou co inicio do neoplatonismo.
Trazos da filosofía neste período
editar- Cambia o concepto de "home" : Aristóteles falaba dun "animal cívico". O ser humano é entendido coma un "animal social", cuxo marco de referencia é a natureza e a humanidade, reivindicando para si a autosuficiencia e autonomía.
- Sobre a inestabilidade da época, a seguridade persoal e da felicidade individual son as grandes aspiracións do momento.
- A natureza, tamén chamada cosmos, desenvolve unha nova física e unha nova ética naturalista e cosmopolita.
- A filosofía está concibida como unha unidade de coñecemento, dividida en lóxica, física e ética, pero cun propósito fundamentalmente moral.
Escolas filosóficas helenísticas
editarNeste momento aparecen moitas escolas. Hai moitas influencias mutuas, pero tamén moitas diferenzas.
Pitagorismo
editarMovemento filosófico, científico e relixioso fundado no século V por Pitágoras. A súa tese básica é a de considerar o número como constituínte último da realidade. A súa fascinación coa aritmética levounos a considerar a importancia do número na vida. Defendeu esta idea engadindo a semellanza que creron atopar entre as matemáticas e os seres e a crenza de que os ceos eran harmonía e número.
Sofismo
editarPensamento no cal non se cre nunha verdade absoluta, xa que ao ser todos distintos e ter distintas maneiras de pensar, temos diversos puntos de vista; polo tanto non hai unha verdade absoluta, senón que depende do punto de vista de cada individuo ao que se lle considera como a verdade.
Neoplatonismo
editarO neoplatonismo é unha renovación da teoría de Platón. Nela exprésase unha gran curiosidade pola sabedoría e polas relixións orientais. Tamén unha busca continua da verdade e da salvación, e hai unha concepción mística da existencia humana.
Cinismo
editarFoi fundada por Antístenes. A súa filosofía era que o propósito da vida era vivir unha vida de virtude, de acordo coa natureza. Isto significaba rexeitar todos os desexos convencionais de riqueza, poder, sexo e fama, e así vivir unha vida sinxela libre de todas as posesións.
Peripatetismo
editarDéuselle este nome aos filósofos que mantiveron e desenvolveron a filosofía de Aristóteles. O obxectivo da vida era a felicidade que se orixinou a partir de accións virtuosas, que consistía en manter o equilibrio entre os extremos.
Cristianismo helenístico
editarEste pensamento foi o intento de reconciliar o cristianismo coa filosofía grega. Reconduce á súa orixe cristiá e devolve o seu profundo sentido aos valores da civilización. O seu obxectivo é transmitir saber e cultura, despertar a responsabilidade social e impregnar a conciencia moral de todo ser humano.
Xudaísmo helenístico
editarO xudaísmo helenístico foi un intento de establecer aos xudeus dentro da cultura do helenismo.
Platonismo
editarO concepto principal do platonismo é a distinción entre a realidade que é perceptible, pero non intelixible, e o que é intelixible, pero imperceptible. Con esta distinción a Teoría das Formas é esencial.
Cirenaísmo
editarCientificismo é crer na superioridade da ciencia sobre outros métodos de coñecemento e o principal erro que cometen os científicos é afirmar que a razón se basea só nos datos e deducións polo que exclúe a fe, chegando a dicirse que as verdades da ciencia son verdades absolutas.
Pirronismo
editarDoutrina filosófica que consiste en afirmar que a verdade non existe, ou que, se existe, non se pode coñecer.
Epicureísmo
editarOs epicúreos xulgaban o coñecemento en función da súa utilidade para unha vida feliz. Para eles, a busca da verdade pola verdade mesma (a pura contemplación) carecía de sentido.
Filósofos
editarPitagorismo | Sofismo | Neoplatonismo | Cinismo | Peripatetismo | Cristianismo helenístico | Xudaísmo helenístico | Platonismo | Cirenaísmo | Pirronismo | Epicureísmo |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pitágoras | Protágoras | Plotino | Antístenes | Aristóteles | Clemente de Alexandría | Filón de Alexandría | Espeusipo | Aristipo de Cirene | Pirrón | Epicuro |
Hipaso | Gorxias | Portirio | Dióxenes de Sinope | Teotrasto | Oríxenes | Xoseto | Xenócrates | Timón | Metrodo | |
Antífona | Xámblico de Calcis | Crates de Tebas | Estratón De Lampsaco | Agostiño de Hipona | Arcesilao | Enesidemo | Zenón | |||
Menipo | Alexandre de Afrodisias | Carnéades | Sexto Empírico | Filodemo | ||||||
Demetrio | Antíoco de Ascalón | Lucrecio | ||||||||
Plutarco |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- http://mercaba.org/Filosofia/HT/historia_filosofia_033.htm
- http://www.e-torredebabel.com/Historia-de-la-filosofia/Filosofiagriega/Presocraticos/Pitagorismo.htm
- http://esscarolillo.blogspot.com.es/2007/08/cientismo.html
- https://web.archive.org/web/20130410103608/http://www.luventicus.org/articulos/03U014/epicureismo.html