O exómero é un complexo proteico heterodímero similar a COPI e outras adaptinas.[1][2] Foi descrito por primeira vez no lévedo Saccharomyces cerevisiae.[3] O exómero é un adaptador de cargamento importante para o transporte de moléculas desde o aparato de Golgi cara á membrana celular. As vesículas nas que se encontra son diferentes das vesículas COPI porque non parecen ter unha "cuberta" ou "armazón" que as rodee.[1]

Pode verse un resumo da localización celular do exómero e doutros adaptadores de cargamento de vesículas aquí. O exómero únese a dúas moléculas do factor de ADP-ribosilación 1 (Arf1) como se mostra nesta figura. Crese que unha rexión bisagra que ten o exómero é importante para a formación dunha vesícula de membrana moi curvada[1] como se mostra nesta figura. Os pasos necesarios para a ensamblaxe do exómero sobre a membrana de Golgi móstranse nesta figura.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Paczkowski JE, Richardson BC, Fromme JC (July 2015). "Cargo adaptors: structures illuminate mechanisms regulating vesicle biogenesis". Trends in Cell Biology 25 (7): 408–16. PMID 25795254. doi:10.1016/j.tcb.2015.02.005. 
  2. Roncero C, Sanchex-Diaz A, Valdivieso M (2016). "Chitin Synthesis and Fungal Cell Morphogenesis". En Hoffmeister D. Biochemistry and Molecular Biology. pp. 167–190. ISBN 978-3-319-27790-5. 
  3. Wang CW, Hamamoto S, Orci L, Schekman R (September 2006). "Exomer: A coat complex for transport of select membrane proteins from the trans-Golgi network to the plasma membrane in yeast". The Journal of Cell Biology 174 (7): 973–83. PMID 17000877. doi:10.1083/jcb.200605106. 
  4. Huranova M, Muruganandam G, Weiss M, Spang A (2016). "Dynamic assembly of the exomer secretory vesicle cargo adaptor subunits". EMBO Reports 17 (2): 202–19. PMC 5290816. PMID 26742961. doi:10.15252/embr.201540795. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar