Eurico (cara a 420-484) foi rei dos visigodos (logo de asasinar ao seu irmán Teodorico II) desde 466 ao 484. Era fillo de Teodorico I e sucedeuno o seu fillo Alarico II. Casou con Ragnaxilda, unha suposta filla de Meroveo, rei dos francos.

Modelo:BiografíaEurico

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Euricus, Evaricus, Erwig Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(got) Aiwareiks Editar o valor en Wikidata
420 Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 484 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Arles, Francia Editar o valor en Wikidata
Rei dos visigodos
466 (Gregoriano) – 484 (Gregoriano)
← Teodorico II, rei visigodoAlarico II → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos visigodos Editar o valor en Wikidata
FamiliaBaltingos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeRagnahilda Editar o valor en Wikidata
FillosAlarico II Editar o valor en Wikidata
PaiTeodorico I, rei visigodo Editar o valor en Wikidata
IrmánsTeodorico II, rei visigodo
Turismundo
Ricímero
Frederico
Himnerido
muller de Requiario Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
472Capture of Caesaraugusta by the Visigothic army (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX856344 WikiTree: Visigoths-63
A imaxe que se ve aquí deste rei forma parte dunha serie de estatuas dedicadas a todos os monarcas de España, mandadas facer para a decoración do Palacio Real de Madrid no reinado de Fernando VI. Nun principio a idea era que adornasen a cornixa do palacio. Os autores son Olivieri e Felipe de Castro. Parece ser que nunca chegaron ao seu destino e colocáronse en distintos lugares da cidade (praza de Oriente, O Retiro, porta de Toledo) e algunhas se levaron a outras provincias.

O reinado de Eurico coincidiu coa disolución do Imperio Romano de Occidente, ao ser destronado o último emperador Rómulo Augústulo en 476. Os visigodos asinaran un foedus con Roma no 418, en virtude do cal convertéronse en federados do Imperio e permitir asentarse no sur das Galias. Este rei independizou o reino visigodo e aboliu a dependencia anterior.

Apoderouse de diversos territorios das Galias e Hispania. Guerreou nas Galias contra os francos e saxóns. Foi o seu reino nese momento o máis poderoso e influente de Europa. A súa corte residía en Tolosa, aínda que nominalmente en Arles. Pero foi sobre todo Tolosa a cidade que tivo a categoría do que agora consideramos como capital do reino. A historiografía española menciónao como Reino de Tolosa e abarcaba unha grande extensión da Península Ibérica (salvo a rexión de Galiza, controlada polos Suevos), e gran parte da Galia ao oeste do Rhin e ao sur do Loira.

Foi un rei que demostrou un gran talento político. Publicou unha corpo legal de dereito visigodo, o Codex Euricianus ou Código de Eurico. Tamén foi un fanático ariano.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar


Predecesor:
Teodorico II
 Rei dos visigodos 
466-484
Sucesor:
Alarico II