Enrique Blein
Enrique Blein Budiño, nado en Vigo en xuño de 1885 e finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1936, foi un comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xuño de 1885 Vigo, España |
Morte | 10 de decembro de 1936 (51 anos) Vigo, España |
Causa da morte | cancro de estómago |
Alcalde de Vigo | |
1931 – 1931 ← Manuel San Román Ceballos – Amado Garra → | |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político |
Familia | |
Pai | Primitivo Blein Costas |
Traxectoria
editarFillo de Primitivo Blein Costas, que tamén foi alcalde, e comerciante en Vigo. Fíxose cargo do comercio familiar. Foi concelleiro de Vigo en 1923. Foi o primeiro alcalde de Vigo da II República, pero foi destituído en setembro de 1931.[1] En xaneiro de 1936 foi elixido presidente da agrupación de Izquierda Republicana de Vigo e en febreiro foi reposto como concelleiro e elixido 1º Tenente de alcalde. Foi nomeado membro da Comisión Xestora da Deputación de Pontevedra e elixido vicepresidente o 19 de marzo de 1936.[2]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido, primeiro en Coruxo e despois en Chandebrito. Foi xulgado en Vigo por rebelión e declarado en rebeldía. Localizado e detido, estivo preso na Ramallosa e despois trasladado ao cárcere de Vigo. Padecía un cancro e foi hospitalizado o 30 de outubro nos pavillóns sanitarios do Hospital Municipal. Morreu de cancro de estómago en estado de semi-abandono no Hospital Municipal de Vigo o 10 de decembro de 1936.[3] Despois da súa morte foi sancionado con 50.000 pesetas por resolución da autoridade militar e como consecuencia embargáronlle á súa muller e fillos todo o seu patrimonio.
Predecesor: Manuel San Román Ceballos |
Alcalde de Vigo 1931 |
Sucesor: Amado Garra Castellanzuelo |
Vida persoal
editarCasou con Concepción Corral Sequeiros e foi pai de seis fillos.
Notas
editar- ↑ Destitución del alcalde de Vigo, artigo en ABC o 13 de setembro de 1931 (en castelán).
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-3-1936, p, 12.
- ↑ Los principales personajes vigueses de la llegada del nuevo régimen fueron fusilados cinco años después, La Voz de Galicia o 8 de abril de 2009 (en castelán).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 119–120. ISBN 978-84-8457-448-4.
- Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo: Ediciones Cardeñoso. p. 126. ISBN 84-87379-47-8.
Outros artigos
editar