Ellezelles
Ellezelles (en neerlandés, Elzele; en picardo, Elziele) é unha pequena vila e un municipio situado no corazón do chamado Pays des Collines, na Rexión de Valonia, Provincia de Hainaut, Bélxica.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Bélxica | ||||
Rexión | Valonia | ||||
Provincia | Provincia de Hainaut | ||||
Distrito | Arrondissement of Ath (en) | ||||
Capital | Ellezelles (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.001 (2018) (134,28 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 44,69 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Ellezelles (en) | Alexandre Boitte (en) (2022–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 7890 e 7881 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 068 | ||||
Sitio web | ellezelles.be… | ||||
Xeografía
editarO concello abarca unha superficie de 44,69 km² e contaba, segundo o censo do 1 de marzo de 2016, cunha poboación de 5.975 habitantes (2.937 homes e 3.038 mulleres), polo que nese ano a súa densidade de poboación era de 133,70 hab/km².[1]
A vila dista 25 km de Tournai e 50 km de Bruxelas.
Nos arredores da vila encóntrase o Parc Naturel des Collines.
Evolución demográfica
editarA seguinte gráfica mostra a evolución da poboación residente o 1 de xaneiro de cada ano.[2]
Nota: as cifras dos anos 1846, 1900 e 1947 comprenden as cifras dos antigos cocellos fusionados.
Historia
editarO municipio comprende as localidades de Ellezelles, La Hamaide e Wodecq. Limítrofe coa Rexión de Flandres, existe unha minoría de habitantes de fala neerlandesa.
Ellezelles é coñecida por ser, supostamente, o lugar de nacemento do popular detective Hércules Poirot, creado pola escritora británica Agatha Christie.[3]
Notas
editar- ↑ Goberno de Béxica. Estatísticas.
- ↑ 3_Population_de_droit_au_1_janvier,_par_commune,_par_sexe_2011_2014_G_tcm326-194205 Datos da páxina web do Service Public Fédéral Intérieur.
- ↑ "Hercule Poirot". ellezelles.be. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2021. Consultado o 29 de marzo de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ellezelles |
Ligazóns externas
editar- Páxina web oficial do concello (en francés).
- Páxina web Ellezelles On Line Arquivado 14 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (en francés).