Dicondylia
Rango fósil: Devónico temperán-Holoceno[1]

En sentido das agullas do reloxo desde arriba á esquerda: Empis livida, Rhinotia hemistictus, Gryllotalpa brachyptera, Vespula germanica, Opodiphthera eucalypti, Harpactorinae


Son dun coro de varias especies de Magicicada

Clasificación científica
Reino: Animalia
(sen clasif.) Euartthropoda (clado)
Subfilo: Hexapoda
Clase: Insecta
(sen clasif.): Dicondylia
Subgrupos

Ver texto.

Sinonimia
  • Ectognatha
  • Entomida

Dicondylia é un grupo que inclúe todos os insectos excepto os Archaeognatha. Os membros de Dicondylia teñen unha mandíbula unida por dúas articulacións á cápsula da cabeza (son dicóndilos), a diferenza da mandíbula orixinal máis primitiva que ten unha soa articulación (monocóndilos).

Mandíbula dicóndila e outras características

editar

O taxon distínguese pola posesión dunha mandíbula modificada cunha canle de articulación adicional, que tamén cambia as insercións musculares das pezas bucais e permite un movemento modificado da mandíbula comparada con outras mandíbulas de artrópodos (crustáceos, miriápodos, arqueógnatos). A denominada mandíbula dicóndila ten dúas articulacións por medio das cales se une á cápsula da cabeza, mentres que outros taxons teñen unha soa articulación.[2][3]

Ademais desta característica principal, todos os membros de Dicondylia teñen outras características comúns. Teñen unha sutura occipital continua e unha articulación adicional entre as patas superiores e inferiores.[3] Na base do tubo ovipositor teñen un esclerito adicional, chamado gonángulo, que lles permite mellorar a coordinación do movemento das gonapófises. Ademais, todos estes insectos teñen un tarso formado por cinco pezas[3] e presentan estilos no máximo nos dous últimos segmentos abdominais. Outra característica común ten que ver co desenvolvemento embriolóxico: todos os Dicondylia forman unha cavidade amniótica pechada arredor do embrión, producindo dúas cubertas embrionarias completas (o amnio e a serosa).

Sistemática

editar

Os Dicondylia inclúen todos os insectos voadores (Pterygota) e os Zygentoma (lepisma etc. non voadores) que anteriormente estaban clasificados xunto cos Archaeognatha na antiga orde agora desbotada dos Thysanura.

O taxon Dicondylia contén os seguintes grupos de insectos:[4]

  1. Engel, Michael S.; David A. Grimaldi (2004). "New light shed on the oldest insect". Nature 427 (6975): 627–630. Bibcode:2004Natur.427..627E. PMID 14961119. doi:10.1038/nature02291. 
  2. Merkmale nach Klausnitzer 1997.
  3. 3,0 3,1 3,2 Ward C. Wheeler, Michael Whiting, Quentin D. Wheeler, James M. Carpenter: The Phylogeny of the Extant Hexapod Orders. Cladistics 17, 2001; S. 113–169. (PDF).
  4. Systematik nach Klausnitzer 1997.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bernhard Klausnitzer: Insecta (Hexapoda), Insekten In Westheide, Rieger (Hrsg.): Spezielle Zoologie Teil 1: Einzeller und Wirbellose Tiere. Gustav Fischer Verlag, Stuttgart, Jena 1997; S. 626f.