Cuprita
A cuprita é un mineral do grupo dos óxidos. Quimicamente é un óxido cuproso de cor vermella que adoita estar alterado superficialmente en malaquita verdosa. A variedade calcotriquita toma aspecto de agregado de cristais capilares alongados, semellante a unha cabeleira.
Cuprita | |
---|---|
Fórmula química | Cu2O |
Clase | Óxidos |
Sistema cristalino | Cúbico |
Cor | Marrón arrubiado, púrpura arrubiado, negro arrubiado |
Brillo | Adamantino de submetálico a brillante |
Dureza | 3,5 a 4 (escala de Mohs) |
Fractura | Concoidal en fragmentos pequenos |
Raia | Vermella pardusca |
Densidade | 6,1 g/cm3 |
Foi descrita por primeira vez en 1845 e o seu nome provén do latín cuprum, polo seu alto contido en cobre, e calcotriquita do grego chalcotrichite, significando cobre melenudo.
Ambiente de formación
editarA cuprita é un mineral secundario, que se forma na zona de oxidación dos depósitos doutros minerais de cobre, polo que frecuentemente aparece asociado ao cobre nativo, azurita, crisocola, malaquita, tenorita e a unha gran variedade de minerais de óxido de ferro.
Localización
editarÉ un importante mineral extraído nas minas como mena do cobre. Áchase en moitas minas importantes por todo o mundo, xa que abunda en calquera sitio onde haxa minerais de cobre.
Usos
editarA pesar da súa bela cor, non se emprega na xoiería debido á súa baixa dureza e ao seu escaso tamaño. Aínda que en 1970 descubriuse un depósito en Suráfrica que sacudiu ao mundo xemolóxico ao producir cristais de gran tamaño e tallables, producindo pedras de máis dun quilate.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cuprita |
Bibliografía
editar- Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., Wiley, ISBN 0-471-80580-7
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Mindat (en inglés)
- Webmineral data (en inglés)
- Sitio Web con datos de Cuprita (en castelán)