Marco Licinio Craso
Marco Licinio Craso, en latín Marcus Licinius Crassus, (112 a.C. 53 a.C.) foi, na súa época, un dos homes máis ricos de Roma e recibiu por iso o cognome de Dives. Foi cónsul por dúas veces, no 70 e no 55 a.C., ambas xunto a Pompeio. Aínda así, a súa influencia no mundo político era limitada polo feito de ser un home ligado ao mundo dos negocios, o que non era considerado propio para un senador. Así, Craso aliouse ao patricio mozo Xulio César como o seu provedor de fondos. Chega finalmente ao poder formando, con César e Pompeio, o Primeiro triunvirato. Craso morreu nunha batalla no comando dunha expedición contra os partos que acabou nun desastre completo, principalmente debido a falta de preparación da mesma expedición. Este fallo valeulle ser recordado na expresión popular erro craso, que invoca a súa tráxica morte.
Nome orixinal | (la) Marcus Licinius Crassus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 115 a. C. Roma Antiga |
Morte | 8 de xuño de 53 a. C. (61/62 anos) Harran (Partos) |
Causa da morte | morto en combate |
Senador romano | |
valor descoñecido – valor descoñecido | |
Cónsul romano | |
70 a. C. – 70 a. C. Xunto con: Cneo Pompeio Magno | |
Gobernador romano | |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga, militar da Roma antiga, oficial do exército |
Período de tempo | República Romana Tardía |
Partido político | optimates |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | Batalha de Cantena (pt) batalla de Carras |
Familia | |
Cónxuxe | Tértula |
Fillos | Publio Licinio Craso, Marco Licinio Craso |
Pais | Publio Licinio Craso e valor descoñecido |
Irmáns | Publius Licinius Crassus Dives |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Enciclopédia militar Sytin (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Craso tiña imnumerables negocios e propiedades, pero unha das súas formas máis peculiares de gañar diñeiro era a súa brigada anti-incendio. Os incendios eran relativamente comúns en Roma. Cando unha casa prendía lume, a brigada de Craso chegaba cun carro con auga, extinguía o lume e logo revindicaba o cobro dos seus servizos. A casa pasaba a pertencer a Craso e o antigo habitante tiña que pagar alugueiro.
Craso foi tamén comandante das forzas que extinguiron a rebelión de escravos liderada por Espartaco, o que lle proporcionou popularidade e poder.