As costelas son uns ósos que forman parte do esqueleto do tórax nos animais vertebrados.

A caixa torácica humana.

As costelas nos humanos

editar

Os humanos teñen doce pares de costelas, que se agrupan en tres tipos: as costelas verdadeiras (da primeira á sétima); as costelas falsas (oitava, novena e décima); e as costelas aboiantes (undécima e duodécima).

As costelas verdadeiras únense por diante a unha cartilaxe, as cartilaxes costais, que á súa vez se unen ao esterno. Por detrás, as costelas verdadeiras articúlanse coas vértebras dorsais, mediante dúas articulacións por costela (unha delas, co corpo da vértebra, o que se denomina en anatomía a articulación céfalo-somática). O punto da costela que se une é a cabeza, que constitúe un ángulo diedro saínte.

Polo xeral, cada par de costelas únese entre dúas vértebras dorsais mediante presenta facetas[1] articulares. A hemifaceta superior da costela únese á hemifaceta inferior da vértebra de riba, e a hemifaceta inferior á superior da vértebra de abaixo. O tipo de articulación é unha biartrodia con pequenos movementos. Esta articulación é común para todas as vértebras. Con todo, as costelas 11 e 12 únense a unha soa vértebra (11 e 12 respectivamente), que contén carillas enteiras.

A segunda articulación costovertebral establécese entre a tuberosidade da costela e a apófise transversa da vértebra (que presenta unha superficie articular na cara antero-externa). Esta é unha trocoide, con movementos de rotación, que contribúen á inspiración ó aumentar o diámetro torácico. Esta articulación non existe nas costelas aboiantes. Denomínase articulación tuberósito-transversa.

Por diante, as costelas falsas unen as cartilaxes entre si para constituír a arcada costal. Este conxunto cartilaxinoso únese logo á sétima cartilaxe costal. As costelas aboiantes non se unen a cartilaxes costais.

  1. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (2002): Diccionario galego de termos médicos. Xunta de Galicia.