Corylus
Abeleiras (xénero Corylus) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Candeas de abeleira europea | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Corylus americana |
Corylus, as abeleiras, son un xénero botánico de árbores caducifolias e grandes arbustos orixinario dos climas temperados do hemisferio norte. O xénero sitúase normalmente entre a familia dos bidueiros, as betuláceas,[1][2][3][4] aínda que algúns botánicos dividen ás abeleiras (cos carpes e xéneros aliados) nunha familia separada, Corylaceae.[5][6]
Descrición
editarPosúen follas simples arredondadas con bordos de serrado duplo. As flores nacen a principios da primavera, antes que as follas e son monoicas, con amentos (candeas) de diferente sexo; os masculinos, de cor amarela pálida e entre 5 a 12 cm de longo, os femininos moi pequenos e practicamente ocultos nos gomos, das que abrollan unicamente os estilos vermellos en número de 1 a 3. O seu froito son noces de 1 a 2,5 cm de longo e 1 a 2 de diámetro, arrodeadas por un invólucro que encerra total ou parcialmente a noz. A forma e estrutura dos invólucros é moi importante para a identificación das diferentes especies de Corylus.
Taxonomía
editarO xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 998–999. 1753.[7] A especie tipo é: Corylus avellana
Especies
editarHai entre 14 e 18 especies de abeleiras. A circunscrición de especies en Asia oriental é algo controvertida, con WCSP e Flora of China difierindo en que táxones son aceptados, de xeito que na listaxe a seguir, no que se refire a esta rexión, só se inclúen aqueles táxones aceptados por ambas as dúas fontes.[3][8][9][10] As especies agrúpanse do seguinte xeito:
- Abelá arrodeada por un invólucro plumoso e macío. Varios estemas, arbustos de até 12 m de alto.
- Invólucro curto, arredor da mesma lonxitude ca a abelá.
- Corylus americana — Abeleira americana. América do Norte oriental.
- Corylus avellana — Abeleira europea. Europa e Asia occidental.
- Corylus heterophylla. Asia.
- Corylus yunnanensis. China central e meridional.
- Invólucro longo, dúas veces a lonxitude da abelá ou máis, formando un "bico".
- Corylus colchica. Cáucaso.
- Corylus cornuta. América do Norte.
- Corylus maxima - Abeleira de Lambert. Sueste de Europa e suroeste de Asia.
- Corylus sieboldiana. Nordés de Asia e o Xapón (sin. C. mandshurica).
- Invólucro curto, arredor da mesma lonxitude ca a abelá.
- Abelá arrodeada por un invólucro espiñento e rexo. Árbores dun só pecíolo de até 20–35 m de alto.
- Invólucro moderadamente espiñento e tamén con pelos glandulares.
- Corylus chinensis. China occidental.
- Corylus colurna - Abeleira mediterránea. Sueste de Europa e Asia Menor.
- Corylus fargesii. China occidental.
- Corylus jacquemontii. Himalaia.
- Corylus wangii. Sueste da China.
- Invólucro densamente espiñento, semellante a unha inflorescencia de castiñeiro.
- Corylus ferox. Himalaia, Tíbet e suroeste da China (sin. C. tibetica).
- Invólucro moderadamente espiñento e tamén con pelos glandulares.
Existen varios híbridos, e poden ocorrer entre especies en diferentes seccións do xénero, p.e. Corylus × colurnoides (C. avellana × C. colurna). A especie de abeleira máis antiga confirmada é Corylus johnsonii que se atopa coma un fósil nas rochas da idade Ypresiana do Condado de Ferry, en Washington, Estados Unidos.[11]
Usos e cultivo
editarAs abelás producidas polo Corylus avellana (abeleira común europea) son as que se consomen amplamente. Este grande arbusto cultívase extensivamente por elas. Tamén se colleitan dalgunhas das demais especies, incluso a corylus máxima.
A abeleira turca Corylus colurna é amplamente cultivada como árbore ornamental en Europa e América do Norte. Esta especie non se adapta ao esterotipo Corylus arbustivos, senón que é unha grande árbore de máis de 35 m de alto cun único toro recto e robusto que pode acadar os 1,5 m de diámetro.
Adáptase ben ás difíciles condicións das espazos urbanos, o que incrementou a súa popularidade durante as últimas décadas.
A abeleira común é tamén un elemento importante para choer valados e crear "cerrumes vivos", o xeito tradicional de establecer estremas nas leiras na Europa Atlántica dende hai séculos (Galiza, Inglaterra...). Cultivábanse tamén pequenas fragas de abeleiras para obter madeira para construción, e pólas para cestos, e valos agropecuarios. Coas poliñas facíanse varas consideradas máxicas polas meigas e druídas.
Os Corylus son utilizados como fonte alimentaria polas larvas de varias especies de lepidópteros (bolboretas e avelaíñas).
Notas
editar- ↑ Germplasm Resources Information Network: Corylus Arquivado 14 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Chen, Z.-D. et al. (1999). Phylogeny and evolution of the Betulaceae as inferred from DNA sequences, morphology, and paleobotany. Amer. J. Bot. 86: 1168–1181. Disponible en línea.
- ↑ 3,0 3,1 Rushforth, K. (1999). Trees of Britain and Europe. Collins ISBN 0-00-220013-9.
- ↑ Huxley, A., ed. (1992). New RHS Dictionary of Gardening. Macmillan ISBN 0-333-47494-5.
- ↑ Bean, W. J. (1976). Trees and Shrubs Hardy in the British Isles 8th ed., vol. 1. John Murray ISBN 0-7195-1790-7.
- ↑ Erdogan, V. & Mehlenbacher, S. A. (2002). Phylogenetic analysis of hazelnut species (Corylus, Corylacae) based on morphology and phenology. Sist. Bot. Dergisi 9: 83–100.
- ↑ "Corylus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 2 de setembro de 2013.
- ↑ WCSP: Corylus[Ligazón morta]
- ↑ Flora of China: Corylus
- ↑ Flora of North America: Corylus
- ↑ Pigg, K.B.; Manchester S.R. & Wehr W.C. (2003). "Corylus, Carpinus, and Palaeocarpinus (Betulaceae) from the Middle Eocene Klondike Mountain and Allenby Formations of Northwestern North America". International Journal of Plant Sciences 164 (5): 807–822.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corylus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Corylus |