Conversa usuario:Adorian/Arquivo 1
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:Adorian.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Benvido(a) á Galipedia, Adorian!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 18:12, 6 setembro 2008 (UTC).
Índice
- 1 Cousiñas
- 2 Maories
- 3 Categorías
- 4 categorías
- 5 País e Comunidade
- 6 Comarcas e comarcalización
- 7 Nacionais
- 8 Rugbi
- 9 Afrikaans
- 10 Modelo seleccións de Rugby
- 11 Club de Gimnasia y Esgrima La Plata
- 12 Modelo
- 13 Modelos
- 14 Bremen
- 15 Parabéns polo traballo
- 16 Duda lingüística
- 17 Brasil.
- 18 Modelo:Temporada de serie de televisión
- 19 niveis de categorías
- 20 Arde Lucus
- 21 Sherlock Holmes
- 22 Selección de rugby de Nova Celandia
- 23 Bandeira de Suecia
- 24 Infobox
- 25 Coherencia de títulos
- 26 Lingua baixo saixoa
- 27 formato de toponimia
- 28 Buffalo
- 29 Discusión
- 30 Violacións de licenza
- 31 Felicidades
- 32 Categorías erróneas abandonadas
- 33 Categorías sen ligazóns interlingüísticas
- 34 Club Baloncesto Breogán
- 35 Redireccións
- 36 Breogán
- 37 Cadros de xogadores de tempadas pasadas do Club Baloncesto Breogán
- 38 Pazo dos deportes
- 39 Ola
- 40 Bandeiras
- 41 En uso
- 42 Breogán
- 43 Artigo de calidade
- 44 Modelo
- 45 Xogos da Lusofonía de 2009
- 46 Xuntanza Lugo
- 47 Divisións administrativas de Finlandia
- 48 Pazo de San Marcos
- 49 Bicicleta
- 50 Cea do sábado 23
- 51 Lugo
- 52 Escudo Lugo
- 53 C.D. Lugo
- 54 Lugo
- 55 Eduardo Sanjurjo (xogador)
- 56 Reto
- 57 Breogan2008
- 58 Luís Tosar
- 59 República Checa
- 60 Galencontro
- 61 Ligazóns interlingüísticas nas categorías
- 62 Tri Nations
- 63 Wikipedia:Wikiproxecto protagonista do Día das Letras Galegas
- 64 Noraboa
Ola Adorian! Bo traballo o que estás a desenvolver, ampliando e creando material. Vouche comentar un par de temas que adoitamos facer por aquí para que os teñas en conta:
- Cando se edita nun artigo xa comezado respéctase as eleccións ortográficas do primeiro editor. Así se o primeiro editor comezou o artigo empregando "ó" en troques de "ao", ou "-ble" en troques de "-bél", ou a segunda forma do artigo con guión, ou "-aría" en troques de "-ería", Galiza e Galicia (como todas elas son válidas), respéctase esa primeira elección.
- Tes que ter coidado co rexistro oral, ás veces escápasehe un pra ou un inda (xa sei que é difícil evitalo, a min tamén me custa non poñer o pra, hehehe).
- Se o texto que engades é tradución doutra wikipedia tes uqe indicalo para cumprir coa licenza. Para ver como se fai podes ler a seguinte páxina: Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias.
Máis nada, un saúdo e benvido á Galipedia. Alberte Si, dígame? 00:38, 13 decembro 2008 (UTC)
Moitas grazas polos consellos, agardo non cometer máis fallos e poder colaborar todo o que poida hehe (e tentarei corrixir tódolos erros)
Saúdos!--Adorian 01:30, 13 decembro 2008 (UTC)
Ola Adorian! É sinxelo: para move-lo artigo ó nome correcto tes que premer na lapela mover (arriba tes as de "artigo - conversa - editar - historial - mover"). Alí seleccionas o nome cara onde o queres mover, e despois marca o nome incorrecto (que despois do movemento queda como unha redirección) como lixo engadindo isto: {{Lixo}}. Inténtao ti, se non che sae dáme un toque e soluciónoche a dúbida que teñas ou no seu defecto fágoo eu en canto poida.. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 23:36, 17 decembro 2008 (UTC)
Moitas grazas, penso que xa o solucionei. Espero que non cometese ningún erro.
Saúdos!--Adorian 00:14, 18 decembro 2008 (UTC)
Saúdos Adorian. Estou a buscarlle categoría a aqueles artigos que non a teñen, e xa levo un par deles creados por ti. Se cres que a que lle puxen non é a adecuada, múdaa a onde consideres oportuno, ou ben déixame un comentario e falámolo, coma prefiras. De todos modos, ao ser feitos por ti, creo que es a persoa máis acaída para buscarlle ubicación. Apertas, e benvido á Galipedia. --Iago 18:40, 23 decembro 2008 (UTC)
Moitas grazas.
Penso que as categorías están perfectas, parabéns polo teu traballo e moitas grazas pola benvida.--Adorian 14:58, 26 decembro 2008 (UTC)
prezado Adorian:
ó creares un artigo e categorizalo, por exemplo, como "cidades da Comunidade Valenciana", non fai falta que inclúas tamén a categoría "cidades de España", dado que a primeira categoría xa está incluída na segunda.
Se tes calquera dúbida, non dubides en consultala, ben comigo, ben con calquera dos administradores.
Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 00:43, 21 xaneiro 2009 (UTC)
Ola, Adorian. O nome oficial é Comunidade Valenciana, non País. Estíveno cambiando nas páxinas que puiden, pero non estou seguro de que o fixese con todas... Por favor, non empregues o de País a partir de agora, e se ves que me quedou algún por aí vaino cambiando. Polo demais, moi bo traballo o que estás facendo. --Xabier Cid Conversa 01:20, 6 febreiro 2009 (UTC)
Ola, Adorian. Cando creaches o artigo Comarcas do País Valenciano xa estaba creado o de Comarcalización. Ti ampliáchelo bastante, así que ao facer a fusión o texto que quedou, creo que agás un par de correccións menores, foi o do artigo que creaches ti. Con todo, o historial incorpora as dúas versións, polo que se clicas nel poderás acceder a todos os cambios que se fixeron, antes e mais despois. Para calquera dúbida que teñas, pregúntame o que faga falla. --Xabier Cid Conversa 08:21, 6 febreiro 2009 (UTC)
Hai uns meses decidiuse mudar o nome das seleccións nacionais de fútbol a seleccións nacionais. Así eliminábanse problemas derivados do que é ou non é unha nación, particularmente nun aspecto que non é demasiado importante. Acabo de facer o mesmo con Gales e Irlanda, pero non o fixen con Escocia por se estabas editando nel. Móveo ti cando poidas. Hai que corrixir tamén as ligazóns internas dentro dos artigos respectivos, anque o artigo do seis Nacións e o modelo do Seis Nacións xa os corrixín. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 20:10, 28 febreiro 2009 (UTC)
- Nada ho, eu tamén non me lembraba diso... de feito onde vai que vin os primeiros artigos de gales e irlanda e non caín da burra ata hoxe... --Xabier Cid Conversa 22:22, 28 febreiro 2009 (UTC)
Ola, Adorian. O primeiro partido da selección de rugbi de Galicia xogouse contra Portugal en 1999. Lémbroo perfectamente porque eu mesmo cubrín o partido para a revista Tempos novos. Malpocadamente non teño aquí as revistas para poder precisar a data e tampouco lembro de memoria o resultado. A ver se ti podes conseguir máis información. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 22:36, 7 marzo 2009 (UTC)
Welcome at af.wiki. I took the liberty to put a Universal User template on your user page and hope that is OK. Jcwf 17:41, 4 abril 2009 (UTC)
Ola Adorian! Que che parecería facer un modelo no que aparezan tódalas seleccións de Rugby divididas nos distintos niveis? Poderiámonos basear no modelo da cultura popular galega. Mirao aquí: O lobo na cultura popular galega.--Hugo22 13:08, 5 abril 2009 (UTC)
- Vou facer un bosquexo e logo ensínocho.--Hugo22 13:23, 5 abril 2009 (UTC)
- Xa comecei o bosquexo, mírao en Selección de rugby de Galicia
- Vale por min ben. Eu voume por con outro relacionado cos deportes de equipo.--Hugo22 10:57, 6 abril 2009 (UTC)
- Xa comecei o bosquexo, mírao en Selección de rugby de Galicia
Ola Adorian! Disculpa que te moleste. Con otro wikipedista estuvimos mejorando el artículo del Club de Gimnasia y Esgrima La Plata en varias wikipedias (lo llevamos a destacado en español y en portuges y salvo algunos detalles dentro de poco va a ser Artículo Bueno en inglés y en simple) pero quisiéramos poder mejorar en otras wikis, y nos está costando. Nos podrías dar una mano? Un abrazo y disculpá el atrevimiento. --Elnegrojose 20:31, 5 abril 2009 (UTC)
- Adorian, en relación a este tema, bótalle un ollo á páxina de conversa deste usuario. --Xabier Cid Conversa 22:44, 5 abril 2009 (UTC)
Ola Adorian. Lin a túa pregunta a Xabier Cid e se non che importa vou responder eu. Si, hai un xeito de que os modelos aparezan por defecto agochados, só hai que engadírlle-lo seguinte parámetro | state = collapsed. Bo traballo. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 11:30, 6 abril 2009 (UTC)
- okei, ;) --Xabier Cid Conversa 11:56, 6 abril 2009 (UTC)
Ola, Adorian, algúns dos modelos que están creando xa están creados, como Irlanda. Ademais, o criterio que se foi seguindo é o de tentar aproximar as abreviaturas á forma galega. O de NGA = Nixeria levoume un bo pedazo sacalo :) --Xabier Cid Conversa 13:17, 6 abril 2009 (UTC)
- Nada, ho, estou fusionando os historiais de RIR e IRL. Cal máis creaches? IRLb? Algún máis? Deberías botarlle un ollo aos marcadores con f, do tipo BRAf. En vez de facer a ligazón ao país, fana ao artigo da selección de fútbol. Quizais sería útil que creases os modelos RIRr, GALr, RSAr, etc. Se queres bótoche unha man. --Xabier Cid Conversa 13:24, 6 abril 2009 (UTC)
Bremen e Estado de Bremen. :) --Xabier Cid Conversa 20:44, 7 abril 2009 (UTC)
Pois iso, Adorian. Que estás ensarillado cun choio digno de eloxio. Alédame amais ver que ambos os dous somos de Lugo. Veña, meu, que non pare ese ritmo, que vas aquelando os artigos de Cidades e Estados con moito ollo. Conta comigo para seguir corrixindo os aspectos lingüísticos. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 14:11, 16 abril 2009 (UTC)
Disculpa, no soy gallegoparlante y tengo una duda sobre la traducción sobre el término "jázaros". Lo he traducido por "xázaros" en el artículos sobre Historia de Rusia mas no sé si es correcto. ¿Sabes si está bien o donde podría encontrar dicho término en un diccionario fiable? Disculpa las molestias. --Chabi 18:05, 30 abril 2009 (UTC)
Olá, estou editando o artigo Brasil, poderia me axudar e corixir a introdución do artigo?Obrigado. --Santista1982 18:42, 30 abril 2009 (UTC)
Alto! Antes de seguires a traballar no modelo quero que saibas que xa existe o Modelo:Infobox temporada TV cos mesmos datos, polo que teriamos un duplicado. Saúdos e parabéns co traballo que estás a facer sobre todo o relacionado con Lost! --Toliño Fala aquí comigo 19:17, 20 maio 2009 (UTC)
- Encárgome eu de fusionar os dous modelos. Non te preocupes. --Toliño Fala aquí comigo 19:22, 20 maio 2009 (UTC)
Creo que a Categoría:Cultura do País Valenciano non debe colgar de Categoría:Festas da Comunidade Valenciana, senón ó revés. Quero dicir que eu entendo as festas como unha actividade cultural (entre outras cousas). Pénsao e a ver que decides. Pedro --Lameiro (conversa) 14:23, 6 xuño 2009 (UTC)
Ola Adorian. Se che interesa, aquí [1] tes moitas fotos do Arde Lucus.--Hugo22 14:07, 30 xuño 2009 (UTC)
Adorian, a ver se deses galeguizado dalgún xeito o artigo de Sherlock Holmes. Porque con iso e unhas poucas correccións, vai para artigo destacado. Se precises axuda coa lingua, pega o toque, que ademais son un admirador confeso de Holmes e hei de cooperar encantado. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:06, 30 setembro 2009 (UTC)
- Ola Adorian. Eu teño na casa un libro de Sherlock en galego, en concreto "Un estudo en escarlata". Porén estou emigrado agora mesmo e non teño o libro nas mans. Pero en canto estea na casa podo axudar en calquera cousa que se me pida. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 15:02, 30 setembro 2009 (UTC)
Ola Adorian. Esta mensaxe é para avisarche que 'Selección de rugby de Nova Zelandia' cambiou a Selección de rugby de Nova Celandia, para que non teñas a ligazón rota en Usuario:Adorian/Artigos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:39, 7 outubro 2009 (UTC)
Ola Adorian, un amigo nativo díxome unha vez que os cores da bandeira son o azul e o amarelo pra representa-lo poder de Suecia no mar e a agricultura, respectivamente. Non sei se é unha trola ou produto da súa imaxinación, pero coméntocho xa que estás co artigo por se queres buscar referencias. Abur!--Lala Lugo 23:54, 10 decembro 2009 (UTC)
Can you please add the infobox template to the article Macedonian language? Just translate the template from the English Wikipedia. I couldnt since the parameters on this Wikipedia are not in English, but in Galego. Thanks--MacedonianBoy 13:13, 11 xaneiro 2010 (UTC)
- What's the difference between idioma and lingua?--MacedonianBoy 17:14, 11 xaneiro 2010 (UTC)
Ola, estás movendo algunhas categorías de países segundo dis por manter a coherencia de títulos pero o caso é que algúns países requiren artigos, se miras nun dicionario brasileiro é habitante do Brasil, xaponés é habitante do Xapón mentres alemán é habitante de Alemaña e ruso habitante de Rusia.--RNC 15:37, 18 xaneiro 2010 (UTC)
- En principio a norma é o que diga a RAG, agora ben no caso concreto do seu dicionario, é do ano 1997 e está desfasado en moitas cousas por iso ás veces entra en contradición con fontes máis recentes como pode ser o VOLGa, quizais o mellor sexa esperar á vindeira edición (que creo que vai saír na primavera) para resolvermos dúbidas concretas como esa--RNC 16:41, 18 xaneiro 2010 (UTC)
Ola Adorian! Como es o creador do artigo, avísoche desta edición, que non sei se está ben ou está mal, ou a que motivo responde. Igual ti sabes mellor se está ben ou non. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 22:20, 22 febreiro 2010 (UTC)
Ola Adorian! Parabéns polo traballiño que estás facendo aumentando artigos das cidades de California e dos EUA, ademais de arranxar os títulos! Pero douche un consello e pídoche un favor: A ser posible, sería bo usar o formato común na galipedia e evitar o uso das parénteses nos títulos; se ves que, por mor dunha tradución automática do castelán, hai algunha ligazón así (como "San José (California)"), é preferible corrixir a ligazón a facer unha nova incorrecta.
Podes mirar que páxinas ligan cunha en concreto coa ferramenta que tes á esquerda, baixo o oco de "procura". É moi útil para saber que artigos ligan con direccións incorrectas.
Tamén che diría, que na medida do posible evitases o uso de redireccións que poden ser páxinas de homónimos; dígocho en concreto polo caso de Oakland, que puxeches de redirección a Oakland, California (voulle mandar agora eu a páxina de homónimos).
Non sei se me expliquei moi ben. Ánimo! Saúde. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:44, 16 marzo 2010 (UTC)
Ola! Podes botarlle un ollo á páxina de homónimos Buffalo, que veño de crear adaptando desde o artigo en inglés?
Ademais, coloquei en Búfalo, Nova York un marcador de atención, pois non existen no artigo referencias á tradución do topónimo en galego, e de non se incluíren, debería moverse o artigo ao topónimo orixinal.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:53, 22 marzo 2010 (UTC)
Temos unha discusión aberta na que sería interesante que tomaras parte. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 19:34, 30 marzo 2010 (UTC)
Ola Adorian.
Estás a crear artigos coma Chauncey Billups, Tony Parker, Dražen Petrović e outros, traducindo doutras wikis. Por favor, ten en conta que a licenza GFDL baixo a que están os textos require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutra Wikipedia. Tes información de como facelo en Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias.
Bo traballo e a seguir. --HombreDHojalata conversa 11:47, 3 abril 2010 (UTC)
Hola, soy Pacoperez_6 en la Wikipedia en español, y de un tiempo a esta parte he comprobado el empujón que le estás dando a la NBA en la wiki galega. Como editor de casi un millar de jugadores y de otros aspectos relaccionados con el baloncesto, no quería dejar pasar la oportunidad de saludarte y felicitarte por tu trabajo. Cualquier cosa que necesites, cualquier colaboración, ya sabes dónde encontrarme. Un saludo. --79.148.244.49 10:45, 11 de abril de 2010 (UTC)
Ola Adorian.
Se te equivocas ó crear unha categoría, e fas outra nova para substituíla, non esquezas marcar a erronea con {{lixo}} para que un administrador poda atopala con facilidade e eliminala .
Saúdos e bo traballo. --. HombreDHojalata.conversa 16:42, 11 de abril de 2010 (UTC)
Ola de novo, Adorian.
Vin que creaches ducias de categorías.
Non lle pos as ligazóns interlingüísticas a ningunha delas?!
Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 18:16, 14 de abril de 2010 (UTC)
- Ola, Adorian. Só che escribo para felicitarte polo artigo do Breogán, completiño e rigoroso. Espero que non che parecesen mal os pequenos arranxos que lle fixen (de lingua máis ben, e poucos). Saúde, e que gañe o Breogán. --Xoán Carlos Fraga 19:40, 12 de maio de 2010 (UTC)
Ola, Adorian. O hábito de crear páxinas de redirección sobre variantes dun mesmo nome mellora a usabilidade da Galipedia, por iso celebro ver que adoitas facelo naqueles artigos creados por ti. Pero crealas sobre nomes incorrectos (é o caso de Oscar Peña) non encaixa co modo que temos na Galipedia de titular os artigos. Propuxen Oscar Peña para borrado, deixando Óscar Peña no seu lugar. Un saúdo. Xoacas(non te me poñas así) 21:17, 18 de maio de 2010 (UTC)
Adorian, non sería bo que deixemos sempre Leite Río Breogán e non Leche Río? Dígoo porque esta é a Galipedia, e tanto o equipo coma a empresa de leite son galegas (e se anuncian en galego -non tanto coma Larsa, iso é certo-). Corríxeme se ando enganado. Bo traballo, coma sempre. --Atobar (conversa comigo) 18:52, 20 de maio de 2010 (UTC)
ola, Adorian; deixei unha proposta na páxina de conversa do artigo sobre os cadros de xogadores do Breogán. Bótaslle un ollo, a ver que che parece? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:03, 21 de maio de 2010 (UTC)
- Ola, meu; acabo de subir unhas imaxes que sacara hai uns meses (na semifinal da Copa Galicia) de xogadores do Breogán; podes confirmarme que son os que aparecen na imaxe, e quedo máis tranquilo? Son José María Balmón, Javier Román e Jordi Vallmajó (amais dunha foto de grupo). Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:58, 22 de maio de 2010 (UTC)
A razón de que fixese ese movemento non é tanto pola denominación oficial, senón sobre todo pola posibilidade de confusión. É certo que o de Ourense é Pazo Dos Deportes Paco Paz, pero mesmo o de Lugo xa o vin como Pazo Provincial dos Deportes e como Pazo Dos Deportes da Cidade Universitaria. Logo está o Pazo dos Deportes de Riazor na Coruña. En calquera caso o nome de Pazo dos Deportes refírese a unha tipoloxía de pavillón e a un uso deportivo, demasiado vago para ser preciso. Se non ves ben o cambio que fixen revérteo, tampouco é nada grave. Saúdos. Xoacas(dei verbum; adoramus te, domine) 11:46, 27 de maio de 2010 (UTC)
Ola boas tardes, que problema hai en que poña as bandeiriñas ao lado dos nomes dos países? vale que revirtas o de Pasqual Margall pero no resto de artigos non cambiei máis ca iso. Saúdos--83.54.182.19 17:43, 10 de xuño de 2010 (UTC)
- OK, recibido. Todos temos as nosas manías, non pasa nada. En canto ao de España, penso que queda un pouco mal unha bandeira tan grande, pero o mesmo pasa con Italia ou Francia. De todos modos grazas pola túa explicación posto que antes non sabía que se podía poñer só . Un saúdo.--83.54.182.19 20:05, 10 de xuño de 2010 (UTC)
Ola, Adorian! Estou a arranxar os modelos de bandeiras do artigo Lista de dinosauros pero hai algúns países "raros" dos que non atopo o modelo. Fixeime que no artigo Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 empregas eses mesmos modelos, de onde os tiras?. Aproveito para felicitarte polo teu labor, é extraordinario!!--Paradanta 17:29, 19 de xuño de 2010 (UTC)
- Moitas grazas! Efectivamente, algunhas non as hai, como a de Níxer, pero a maioría si e serviume de moita axuda. Saúdos!--Paradanta 17:53, 19 de xuño de 2010 (UTC)
Retirei o marcador {{enuso}} que ti colocaches nos artigos Indiana Pacers e Minnesota Timberwolves. Levaba posto ben máis dun mes. Dígocho por se non estás de acordo, para que podas reverter a miña edición. Un saúdo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 02:56, 20 de xuño de 2010 (UTC)
Pois é verdade, Adorian. Cómpre pechar, iso seguro, o que xa non sei é cal é o procedemento seguinte, ao ser este o noso primeiro artigazo. Vou deixar que o faga outro administrador dos que xa teñen unha certa bagaxe con estes asuntos, como Alberte ou Toliño. Pásolles a encarga agora mesmiño. Parabéns polo choio que te meteches, que en realidade son uns parabéns para todos os que estamos breando duramente coa normalización do que é noso. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:42, 22 de xuño de 2010 (UTC)
Noraboa! O teu artigo Club Baloncesto Breogán foi aprobado como artigo de calidade, non era sen tempo!--Hugo22 23:06, 22 de xuño de 2010 (UTC)
Adorian, ti que andas cos deportes, corrixe. Olla para a Conversa modelo:Copa Mundial de Clubes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:00, 19 de xullo de 2010 (UTC)
Ola, Adorian. Entre os artigos con problemas está Xogos da Lusofonía de 2009. Ninguén máis capacitado ca ti para poñelo a punto, dálle unha voltiña cando che cadre ben. Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:00, 23 de xullo de 2010 (UTC)
Adorian. A min fódeme unha barbaridade non poder asistir. Pero ti igual si podes. [2] Vai, se podes. Pasádeo ben e tirade fotos. Un saúdo e benvido das vacacións. --Atobar (conversa comigo) 22:18, 1 de setembro de 2010 (UTC)
Adorian, a ti que che se dan moi ben estas cousas de completar ligazóns vermellas, podías poñerte coas divisións de Finlandia[3] agora que a propuxen para Artigo destacado do mes [4]. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:04, 8 de setembro de 2010 (UTC)
Boas! Sóamente quería darche as grazas por poñer no artigo do Pazo de San Marcos o enlace ao modelo 3D que fixen (aparte de Rammsteinanders, tamén son AArmesto). Non hai problema en que enlaces os meus modelos!
Un saúdo
Ola, Adorian. Veño de rematar o lavado de cara que lle estaba dando ao artigo Bicicleta e creo que o apartado que fala do uso da bicicleta no deporte me quedou especialmente descafeinado. Ti que controlas de deporte ben máis ca min, poderíaslle botar unha olladiña a ver se ves algo que se poida mellorar? O teu parecer será especialmente valioso. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:55, 6 de outubro de 2010 (UTC)
Adorian, maniféstate.[5] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 09:46, 19 de outubro de 2010 (UTC)
Ola Adorian.
Retirei Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Lugo da lista, e outro usuario marcouna como lixo. O motivo é que xa está proposto para ir na portada no apartado "Artigo destacado sobre Galicia".
Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 07:30, 23 de outubro de 2010 (UTC)
- Ola Adorian. Máis sobre Lugo: vin que desfixeches a edición de Elisardojm e puxeches de novo o escudo de Lugo que había antes. Non entendo moi ben por que fixeches este cambio. Os dous escudos son, basicamente, o mesmo (a descrición pódela ver referenciada na páxina do segundo), coa diferenza de que o de Elisardo é graficamente máis claro, menos torpe. Ademais o anterior ten algunhas pequenas incorreccións: nin a torre aparece aclarada, nin a coroa é de marqués senón de deseño indefinido, nin a hostia está radiante de ouro senón de prata. Non desfago aínda a túa edición, á espera da túa resposta. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:50, 24 de novembro de 2010 (UTC)
Boas, vin que cambiaches o escudo de Lugo "porque non corresponde co real". Según a descripción da imaxe en commons penso que é correcto, e a gran ventaxa da versión .svg é que os dereitos de autor están máis que claros xa que foi creado por un usuario concreto que cedeu os seus dereitos, en cambio a versión .jpg, aínda que se diga que ten os dereitos liberados sempre teremos a dúbida de si iso é realmente así, creado polo usuario que o subeu a commons ou si simplemente foi copiado dalgunha páxina web ou outro sitio...
Si a imaxe .svg é realmente incorrecta indícame os erros e tentarei poñerme en contacto co autor para que os revise, que penso que non haberá problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:30, 24 de novembro de 2010 (UTC)
- Tivemos no pasado xa algunha discusión polos escudos que inventaron na wiki hispanofalante (eu mesmo detectara erros de bulto nalgúns escudos), e decidíronse non incluír e poñer un aviso neses escudos, xa sexa como Categoría:Imaxes de símbolos de Galicia pendentes de confirmación, Categoría:Imaxes de símbolos de Galicia incorrectos ou Categoría:Imaxes de símbolos non oficiais de Galicia. Xa, por exemplo, a coroa dos escudos que ai SanchoPanzaXXI é distinta ás coroas dos escudos oficiais, e iso é a menor diferencia que teñen. A fonte que temos é o DOG, de alí se sacaron algunhas imaxes que esas si son oficiais. É de interese o traballo que se comezou de comprobación dos DOG Conversa categoría:Mantemento de imaxes de símbolos de Galicia. Neste tema hai que ser rigorosos, porque podemos espallar pola rede (como fonte de información que somos) versións incorrectas e alonxadas da realidade da heráldica do país. --Alberte Si, dígame? 12:54, 24 de novembro de 2010 (UTC)
- ¿E o escudo que .jpg é exactamente igual ó do teu vado?. Porque si é exactamente igual entón estaría claro que ese escudo foi copiado dalgunha web do axuntamento e sin permiso directo deles para ceder os dereitos de autor, ese ficheiro non sería válido, ese é o perigo dos ficheiros .jpg, que realmente non se sabe a cencia certa que ónde saen. Estou dacordo contigo en que isto pode tratarse na conversa do artigo para que máis xente poda votarlle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:39, 24 de novembro de 2010 (UTC)
Adorian, ti que es tan lugués e deportista e que xa es o artífice de que Breogán de Lugo e Lugo sexan artigos de calidade, non serás tamén por casualidade futboleiro? Dígocho porque lle viría de perlas unha man de pintura galipédica ao Club Deportivo Lugo. Amais, se a cousa non torce, para o ano estamos en segunda. Veña aí! Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 20:23, 3 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Cando acabes dá aviso, que xa está para destacado de Galicia. Bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 22:34, 7 de febreiro de 2011 (UTC)
- Coido que non se pode, pero estou peixe coma ti no das licenzas. Pregúntallo a Xoacas, que el si controla. --Atobar (conversa comigo) 23:27, 7 de febreiro de 2011 (UTC)
Ola, Adorian. Sobre toda imaxe existen uns dereitos de autor ata pasados 70 anos da morte deste. Nese momento a imaxe pasa a estar no dominio público e calquera é libre de empregala como lle pete. As imaxes das que falas teñen un autor que, de momento, nos é descoñecido, de modo que non sabemos se está vivo ou morto, nin sequera sabemos se fixo cesión dos seus dereitos como autor a unha terceira persoa, por exemplo ó club. En calquera caso non temos argumentos para defender que temos dereito a facer uso desas imaxes. Síntoo pero, ó meu modo de ver, esas imaxes non poden ser empregadas na Galipedia. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:16, 8 de febreiro de 2011 (UTC)
- Esquecín o do himno: en principio non hai problema por incluír no artigo uns poucos versos do himno, sempre que sexan unha cantidade pouco significativa de texto. É dicir, se "uns poucos versos" son medio himno, non. Isto non sei se o lin nalgunha páxina de políticas da wikipedia ou na lei de propiedade intelectual, se queres investígocho. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:24, 8 de febreiro de 2011 (UTC)
- Proposto para destacado de Galicia. Moi bo traballo, Adorian. Parabéns e grazas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:02, 20 de febreiro de 2011 (UTC)
Antes de desfacer é mellor facer un comentario. Estou traballando na ampliación destas seccións. Grazas. Woden (eh ho?!) 16:21, 12 de xaneiro de 2011 (UTC)
- É posible. Déixame un par de días para rematar a edición e se queres comentámolo na páxina de discusión de Lugo. Un saúdo. Woden (eh ho?!) 16:35, 12 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Tes razón no de ter un coidado especial ao ser un artigo destacado (e estar ademais actualmente na Portada). Deixarei a estrutura anterior e xa se farán as modificacións oportunas unha vez estea rematada a ampliación. Un saúdo. Woden (eh ho?!) 16:44, 12 de xaneiro de 2011 (UTC)
Ola, Adorian! Mira, a ver se puideses averiguar o segundo apelido deste xogador de básket; movín o nome do artigo porque existiu outro Eduardo Sanjurjo, un alcalde da Coruña. Un saúdo, e mil grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:57, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Perdón por meterme pero eu teño información sobre este xogador. Resulta que traballa na mesma empresa ca min :). Os seus apelidos son Eduardo Sanjurjo Royo, a mágoa é que non teño referencias diso, tan só teño os testemuños verbais de varios dos seus compañeiros de que xogou nese equipo hai anos e tamén a referencia física de que é un tipo de máis de 2 metros. Hai algunha pequena referencia del en Internete, pero só no eido académico e laboral, polo menos eu non atopei ningunha que o ligue directamente coa súa faceta de xogador de baloncesto. Si pensades que isto pode ser válido, si queredes, actualizo o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:10, 14 de marzo de 2011 (UTC)
Adorian, inscríbete, que podes levar unha camisola. [6] --Atobar (conversa comigo) 22:53, 11 de marzo de 2011 (UTC)
Ola, Adorian. Cal é o problema do modelo IUG no artigo Breogan2008? Eu vexo que todo estaba ben. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:29, 17 de marzo de 2011 (UTC)
Ola Adorian ! No artigo w:fr:Luis Tosar, que ando amañando un pouco e que vixio, vin que engadiches Galaicus na filmografìa, iba revertilo coa esplicaciòn que polo de momento é un proxecto. Eu ando seguindo a traxectoria desa pelicula e contaba falar diso no texto do artigo. Dinme conta que eras ti. Vou marcar a tùa edicion como patrullada e engadir entre () proxecto. Logo xa verei si teño tempo para transladar ise proxecto con maìs detalles no contido. Saùdos --Elvira (conversa comigo) 11:24, 6 de xuño de 2011 (UTC)
- Eu tamén teño pensado facer un artigo sobre esa pelicula na WPFR. Xa fai un momento que lìn artigos sobre o proxecto, é por eso que xa contaba falar diso na secciòn que crei sobre o compromiso de Luis Tobar con Galicia e tamén engadir algo no artigo de Décimo Xunio Bruto na WP en francés, para cando abra o artigo sobre a pelicula, non sexa orfo. O artigo Galaicus na Galipedia podese que esté ben abrilo, xa que se fala do proxecto dende o 2010, houbo varios artigos na prensa sobre ise proxecto, e sobre eventos publicos (lembro un en Ourense) para buscar o orzamento necesario para facer unha palicula de tope. Pero na WikiFR, solo resistiria por descoido de vixianza de certas regras e costumes. Cada WP leva o traballo enciclopedico ao seu xeito e eu intento adaptarme a cada comunidade. E podoche decir que na WPFR, sintome mui a gusto. Polo caso que queiras abrir o artigo na Galipedia, o amigo google axuda ben : [7], [8], [9], [10] etc etc. Por demaìs cando eu (ou outro usuario crea o artigo na WPfr xa tera "interwiki" !! Fai o que che pareza mellor. Por min non estaria mal, sabendo que é un proxecto e que temos logo a responsabilidade de polo a dìa. Ti veràs. E conta comigo si me necesitas na WPFR. Saùdos Adorian.--Elvira (conversa comigo) 23:37, 6 de xuño de 2011 (UTC)
Adorian, parabéns polo artigo.
Hai un par de notas que devolven page not found, as números 1 e 5. Poderías botarlle un ollo?
Graciñas, unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 17:52, 9 de xuño de 2011 (UTC)
Ola!. Propuxen un galencontro na taberna, si che apetece podes apuntarte alí e si coincidimos xa che dou a túa camiseta do reto da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:30, 28 de xullo de 2011 (UTC)
- Por favor, confirma, ou non, na taberna que poderías ir ó Galencontro o 17 de setembro. Estamos tentando organizar unha boa pero para iso necesitamos quórum!. :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:23, 31 de agosto de 2011 (UTC)
Adorian, lémbroche o das interwiki nas categorías novas. Igual podes revisar algunha das que creaches e meterllas.
Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 22:09, 3 de setembro de 2011 (UTC)
- Permíteme insistir de novo.
- Cando crees unha categoría nova, mételle, por favor, algunha das ligazóns interlingüísticas que lle correspondan. Por exemplo: [11] [12].
- Un saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 19:21, 25 de setembro de 2011 (UTC)
- Non te preocupes, ás veces pásame mesmo a min--. HombreDHojalata.conversa 19:24, 25 de setembro de 2011 (UTC)
Ei Adorian, ¿qué tal?. Vin que borrabas algo do artigo e despois desfacías a edición. Non sei si é que non estás dacordo co feito ou foi puro accidente. Non te cortes polo marcador "enuso". Se queres convidarme a que faga un artigo con cada tempada, pódese facer, pero coido que na Galipedia o tema é pouco relevante como para facer 16 artigos con 16 tempadas. Non penso rematar hoxe o artigo, así que vou retirar o marcador, e así fas o que pensas con él. Nada mais. Un saúdo. JonnyJonny 23:50, 30 de setembro de 2011 (UTC)
Adorian, anímaste a ir comezando o de:Valentín Paz-Andrade?--. HombreDHojalata.conversa 21:32, 20 de outubro de 2011 (UTC)
Boas compañeiro. Os traballos que fixeches ultimamente coa Euroliga, co Bayern e agora coa Euro2012 son moi de agradecer. Fixate nun erro que hai nas sedes dos cuartos de final da Eurocopa. Segue asi. Un saudo. (JonnyJonny dende o traballo) 93.186.30.115 07:26, 6 de decembro de 2011 (UTC)