Usuario:Elisardojm/Inscrición 8 aniversario
Esta páxina é para inscribirse no concurso do 8º aniversario da Galipedia.
Os usuarios inscritos que fagan máis artigos conseguirán unha camiseta da Wikipedia, mentres queden existencias.
As normas básicas son as seguintes:
- Só poderán participar usuarios rexistrados.
- Só participan no concurso os que se apunten, antes da fin do día 12, nesta páxina indicando os datos solicitados.
- Entregarase unha camiseta a cada participante por orde de número de artigos creados, segundo dispoñibilidade de tallas e ata fin de existencias.
- Os artigos válidos deberán ter un mínimo aproximado de uns 1.200 caracteres.
- O período do concurso será dende as 00:00 ata as 24:00 do día 12 de marzo.
- Dende o 12 de marzo ó 20 de marzo os participantes terán que indicar o número de artigos realizados na páxina de inscrición.
- A partir do 20 de marzo comezará a distribución das camisetas.
As tallas que hai son S(pequena), M(mediana), L(grande), XL(extra grande) e XXL(extra extra grande).
Para inscribirse só hai que poñer o nome de usuario e a talla que precisa por orde de preferencia. O dato da cidade é opcional, logo do concurso iremos falando con todo o mundo para organizar a entrega das camisetas. O número de artigos creados terá que enchelo cada participante despois de que remate o tempo do concurso, é dicir despois do día 12 de marzo.
Usade a páxina de conversa para aclarar calquera dúbida.
Propostas de artigos
[editar | editar a fonte]Se non sabedes por onde comezar podedes facer os artigos destas listas:
- Wikipedia:Portal da comunidade na sección de artigos solicitados
- Galegos con artigo noutras wikis e sen artigo na Galipedia, neste lugar hai unha lista de biografías de galegos que teñen artigo noutras wikis pero non a teñen na Galipedia. É bastante doado traducir e adaptar eses artigos para traelos a este proxecto. Non vos esquezades de poñer nalgún sitio, resumo de edición por exemplo, de onde está traducido o texto.
Axudas en liña
[editar | editar a fonte]- Corrector ortográfico de gran axuda para resolver dúbidas
- Tradutor automático bastante bo. Se estamos traducindo artigos doutras wikipedias, esta ferramenta é moi útil para obter un texto de base ó que só haberá que facer unha revisión e pequenas correccións antes de gravar na Galipedia. Ollo, tódalas traducións doutras wikis teñen que indicar a fonte da que se traducen. Podedes poñelo na caixa de resumo de edición.
Lista de participantes
[editar | editar a fonte]
|