Condado de Alençon
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2024.) |
O condado de Alençon máis tarde Ducado de Alençon era unha xurisdición feudal do Reino de Francia centrada en Alençon, que pertencía aos señores de Bellême e Sonnois que tomaron o título de condes de Alençon ao redor do ano 1000. A dinastía de Bellême durou ata a morte de Roberto III en 1217, aínda que deixou un fillo póstumo que tiña dereito a sucesión pero morreu en 1219 e o condado pasou á coroa de Francia.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
En 1268 foi entregado a Pedro, quinto fillo do rei de Francia, Lois o santo, cun territorio que inclúe unha parte do condado de Perche.
Volveu á coroa en 1283 e foi entregada en 1291 a Carlos I de Valois, irmán de Filipe IV de Francia O fermoso, aumentado cos señoríos de Moulins-la-Marche, Bonmoulin, Sainte-Scolasse-sur-Sarthe, Domfront, Argentan e Exmes. Da casa de Valois vai haber dez duques. Sucedeuno seu fillo Filipe que en 1328 se converteu en rei de Francia (Filipe VI de Francia) e concedeu o ducado ao seu irmán Carlos II o Magnánimo que faleceu en 1346.
O seu fillo Carlos III de Alençon abdicou en 1359 e dedicouse á vida eclesiástica e morreu como bispo de Lión en 1375. O condado pasou a seu irmán, Pedro II, que aumentou o patrimonio en 1376 coa señoría de Sonnois, que foi cedida á súa muller María de Chamaillart, vizcondesa de Beaumont, como pago dunha pensión que o señor de Sonnois non puido satisfacer. Pedro II morreu o 20 de setembro de 1404 e sucedeuno seu fillo Xoán IV de Alençon, quen, como tomou o partido do duque de Orleáns, tivo que facer guerra contra o conde de Maine e o condestable de Saint Pol ata a paz de Bourges o 15 de xullo de 1413. En 1414 o condado foi convertido en ducado polo rei de Francia. Morreu na batalla de Azincourt o 21 de outubro de 1415. O seu fillo Xoán V de Alençon estaba baixo a tutela da súa nai María da Bretaña. En 1417 o ducado foi ocupado polos ingleses e durante anos será teatro de loita, cambiando algunhas terras de mans con frecuencia. Expulsados os ingleses en 1450, o duque recuperou as súas terras. O 13 de agosto de 1465 rendeu homenaxe a Carlos de Anjou, conde do Maine, polas terras e señorios de Beaumont-le-Viconde, Fresnai e Sainte Susanne, que tiña en feudo do conde, mentres que a baronia de Sonnois era un feudo da torre de Orinbandelle (Castelo de Mans), a castelana de Averlon era un feudo da baronía de Mayenne, e os feudos de Antenaise e Briçonnière eran feudos da baronía de Château-du-Loir. Morreu por morte natural en 1476 deixando á súa muller, Maria de Armagnac, ao seguinte duque, Ramón, e a unha filla, Caterina, señora de Sonnois, desde 1461, señorío que se lle deu como dote no seu matrimonio. O duque Ramón morreu en 1492 e sucedeuno seu fillo Carlos que en 1505 herdou o Sonnois da súa tía. Carlos morreu o 11 de abril de 1525 sen sucesión masculina, e o ducado de Alençon e o condado de Perche regresaron á coroa mentres os bens pasaron ás súas irmás Francisca e Ana. A coroa cedeu o condado a Margarida de Orleans e á súa morte a Catarina de Medici e a Henrique Hércules, a cuxa morte volveu á coroa en 1584 e foi dada como apanaxe despois.
Lista de condes e duques de Alençon
editar- condes de Alençon
- Dinastía de Bellême
- Fulques, conde de Carbonnais ?-940.
- Ives I de Bellême, 940-997, señor de Bellême.
- Guillerme I de Bellême 997-1028, primeiro conde titulado de Alençon.
- Roberto I de Bellême 1028-1034.
- Guillerme II Talvas 1034-1048.
- Arnaldo I de Bellême 1048.
- Ives II de Bellême 1048-1070.
- Mabilla Talvas 1070-1082.
- Roger II de Montgommery, 1070-1082.
- Roberto II de Bellême 1082-1112 (no 1108 foille confiscado Alençon).
- Teobaldo de Blois 1108-1117.
- Estevo de Blois 1117-1119.
- Roberto II de Bellême, nominal 1119-1134 (estaba preso e morreu en prisión nunha data posterior ao 1130, se cadra no 1134).
- Guillerme III Talvas, señor de Bellême e Sonnois 1134-1171 (conde de Ponthieu e señor, ás veces titulado conde ou vizconde, de Sées).
- Xoán I de Alençon 1171-1191.
- Xoán II de Alençon 1191.
- Guillerme IV de Alençon 1191-1203.
- Roberto III de Alençon 1203-1217.
- Roberto IV de Alençon 1217-1219.
- Á coroa francesa 1217-1268.
- Casa capeta de Francia
- Pedro I de Alençon (1268-1283).
- Á coroa francesa (1283-1291).
- Casa capeta de Valois
- Carlos I de Valois (1291-1325), o condado auméntase cos señoríos de Moulins-la-Marche, Bonmoulin, Sainte-Scolasse-sur-Sarthe, Domfront, Argentan e Exmes.
- Lois de Valois (1325-1328) nado en 1309 e morto o 1328 sen descendencia.
- Filipe VI de Francia (1325 - 1328).
- Carlos II o Magnánimo 1328-1346 (conde de Perche, de Chartres, de Porhoët e de Joigny (1335-1336), administrador 1336-1338).
- Carlos III de Alençon (1346-1359) (conde de Perche, de Chartres e de Porhoët).
- Pedro II de Alençon (1359-1404) (conde de Perche, de Chartres e de Porhoët).
- Duques de Alençon
- Xoán III de Alençon (1404-1415) desde 1414 duque de Alençon (primeiro duque).
- Xoán IV de Alençon (1415-1476).
- Renato de Alençon (1476-1492).
- Carlos IV de Alençon 1492-1525.
- Margarida de Orleans 1525-1549.
- Catarina de Medici 1549-1566.
- Henrique Hércules (Francisco de Francia) 1566-1584.
- Isabel de Orleans 1667-1670 (filla, duquesa de Angulema).
- Francisco Xosé de Lorena (fillo) 1670-1675.
- Isabel de Orleans 1675-1696.
- Carlos de Francia 1710-1714.
- Carlos de Berry (fillo, titulado duque de Alençon ao nacer e durante tres semanas en 1713, morto ás tres semanas).