Apanaxe
Unha apanaxe (do francés apanage) era unha concesión feudal subtraída do dominio real e que un rei (ou, máis amplamente, un señor feudal) daba aos seus fillos ou a outros familiares, como irmáns, especialmente aos excluídos da sucesión ao trono.
Historia
editarA apanaxe era unha práctica moi habitual en Francia e aseguraba así aos membros da dinastía reinante títulos e rendas derivadas dos territorios dados en apanaxe. Este sistema foi abolido durante a Revolución Francesa, e foi transitoriamente restablecido entre 1810 e 1832.
Etimoloxía
editarO termo apanaxe deriva do latín medieval apanagium,[1] formado da expresión ad panem, que significa "para dar pan" (panis).
Notas
editar- ↑ Henricus Aaron-Spittler (1773): De successione in apanagium. Tubinga. Ler en liña.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |