Cast Away

filme de 2000 dirixido por Robert Zemeckis

Cast Away é un filme estadounidense de 2000 dirixido por Robert Zemeckis. Está protagonizado por Tom Hanks, que interpreta a un empregado de FedEx que loita por sobrevivir nunha illa deserta no medio do enorme océano Pacífico despois de que o seu avión se estrelase. O filme recolle os seus intentos por sobrevivir na illa facendo uso dos restos do cargamento do avión. Foi un éxito comercial e da crítica, e Hanks foi nomeado ao Oscar ó mellor actor na 73ª edición dos Premios da Academia pola súa actuación.[2]

Cast Away
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalCast Away
DirectorRobert Zemeckis
ProdutorJack Rapke
Robert Zemeckis
Steve Starkey
Tom Hanks
GuiónWilliam Broyles Jr.
IntérpretesTom Hanks
Helen Hunt
Nick Searcy
MúsicaAlan Silvestri
FotografíaDon Burgess
MontaxeArthur Schmidt
EstudioImageMovers
Playtone
Distribuidora20th Century Fox (Norte América)
DreamWorks (Internacional)
Estrea7 de decembro de 2000
Duración143 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama, Aventuras
Orzamento$90 000 000[1]
Recadación$429 632 142
Na rede
IMDB: tt0162222 Filmaffinity: 208836 Allocine: 27770 Rottentomatoes: m/cast_away Mojo: castaway Allmovie: v229030 TCM: 342614 Metacritic: movie/cast-away TV.com: movies/cast-away Netlix: 60020683 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

En 1995, Chuck Noland (Tom Hanks) é un hiperactivo executivo que vive inmerso no seu traballo nunha empresa de transporte urxente (Fedex) onde os reloxos son a pauta da súa axitada vida, a súa noiva incondicional apenas pode compartir tempo con el. Toda a súa vida baséase en minutos e cumprimentos de entregas e supervisa o mesmo cada operación de importancia. A súa lema é que o home vive en función do tempo. A pesar da súa axitada vida, Noland ten unha noiva incondicional, Kelly (Helen Hunt), unha estudante universitaria coa que pasa algunhas horas. En Nadal, Noland dálle un agasallo a Kelly (aparentemente un anel de compromisos) e ela regálalle un reloxo de peto coa súa foto no anverso da tapa. Noland ten que ir ás Hawai e volver en 8 días máis e aborda un avión de Fedex.

A súa vida fai un brusco cambio radical cando o avión un MD-11 no que viaxa, métese nunha tormenta non prevista sobre o océano Pacífico e logo dunha despresurización explosiva, cae ao mar sendo el o único que sobrevive. Noland aférrase a unha balsa e déixase conducir polas mareas e empeza a tomar conciencia de que é o único sobrevivente.

Personaxes

editar

Produción

editar

O filme non foi rodado de xeito consecutivo. Hanks gañou 50 libras durante a pre-produción para aparentar un repoludo home de idade media. Despois de que gran parte do filme fose rodado, a produción foi interrompida por un ano para que puidese perder o peso de máis e deixar medrar o cabelo e a barba, de xeito que semellase que levaba vivindo varios anos na illa. Durante o hiato dun ano, Zemeckis usou o mesmo persoal para facer outro filme, What Lies Beneath.[2]

Cast Away foi rodado en Monuriki, unha das illas Mamanuca de Fidxi.[3] Está nun subgrupo do arquipélago de Mamanuca, que está sitaudo ó longo da costa de Viti Levu, a meirande illa de Fidxi. A illa converteuse nunha atracción turística despois da estrea do filme. Malia que na historia é identificada por Kelly como unha illa "a 600 millas ó sur das Illas Cook," en realidade non hai terra entre a illa de Mangaia, a máis meridional das illas Cook, e a Antártida. A historia comeza e remata esencialmente no mesmo lugar, preto dun rancho de Texas ó sur da cidade de Canadian.

Os produtores elaboraron unha lista de obxectos aparentemente inútiles que poderían atoparse nos paquetes que atopa Nolan: un vestido de festa, patíns sobre xeo, papeis de divorcio, cintas de vídeo, e outros artigos diversos. Eles trasladaron esta lista a un grupo de expertos para que decidisen de que xeito podería empregar o protagonista estes obxectos para sobrevivir

O orzamento do filme foi de $90 000 000 e tivo unha recadación de $429 632 142, conseguindo só na primeira semana $28 883 406.

Galardóns e nomeamentos

editar
  1. BoxOfficeMojo.com
  2. 2,0 2,1 "'Cast Away' Director Defies Categorizing". New York Times. 2000. Consultado o 18 de outubro de 2012. 
  3. Fiji. Korina Miller, Robyn Jones, Leonardo Pinheiro. Lonely Planet. 2003. p. 54. ISBN 1-74059-134-8. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar