C-550
A estrada comarcal C-550 foi unha vía de comunicación costeira da fachada atlántica galega. Estendíase ao longo das Rías Baixas, desde Cee até Tui e a fronteira con Portugal[1], ao longo duns 360 km. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).
C-550 | |
---|---|
Fito quilométrico en Marín, a carón da Escola Naval Militar | |
Tipoloxía | estrada comarcal |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 360 km |
Localización | |
Inicio | Cee |
Fin | Tui |
Percorrido
editarComparte coa estrada N-550 os tramos Padrón-Pontecesures e Vilaboa-Redondela. Após a transferencia da titularidade das estradas ás comunidades autónomas, e cos cambios de denominación, a estrada foi dividida en diversas estradas de distinto rango:[2] AC-550 (Cee-Ribeira), AC-305 (Ribeira-Padrón), PO-548 (Pontecesures-Vilagarcía de Arousa), PO-549 (Vilagarcía de Arousa-Cambados), PO-550 (Cambados-A Lanzada), PO-316 (A Lanzada-O Grove), PO-308 (A Lanzada-Pontevedra), PO-546 (Pontevedra-Marín), PO-551 (Marín-Bueu), PO-315 (Bueu-Cangas), PO-551 (Cangas-Domaio), N-554 (Domaio-Vilaboa), N-552 (Redondela-Vigo), PO-552 (Vigo-Tui).
Notas
editar- ↑ Secretaría General Técnica (1964). Mapa Oficial de Carreteras de España. Escala 1:400.000 (6ª ed.). Ministerio de Obras Públicas.
- ↑ "Fragmentación da C-550". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 07 de agosto de 2016.