Artur Mas

(Redirección desde «Artur Mas i Gavarró»)

Artur Mas i Gavarró, nado en Barcelona o 31 de xaneiro de 1956, é un economista e político catalán, foi o 129 presidente da Generalitat de Cataluña desde o 23 de decembro de 2010 ata o 10 de xaneiro de 2016, data en que foi sucedido por Carles Puigdemont.

Modelo:BiografíaO moi honorábel Editar o valor en Wikidata
Artur Mas

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Artur Mas i Gavarró Editar o valor en Wikidata
31 de xaneiro de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
President of the Catalan European Democratic Party (en) Traducir
23 de xullo de 2016 – 9 de xaneiro de 2018
← sen valor – Neus Munté →
Deputado do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 13 de xaneiro de 2016 (renuncia)Fabián Mohedano (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de decembro de 2012 – 4 de agosto de 2015 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

President of Democratic Convergence of Catalonia (en) Traducir
25 de marzo de 2012 – 8 de xullo de 2016
← Jordi PujolJacint Borràs i Manuel →
129º Presidente da Generalitat de Cataluña
27 de decembro de 2010 – 12 de xaneiro de 2016
← José MontillaCarles Puigdemont →
Deputado do Parlamento de Cataluña
16 de decembro de 2010 – 2 de outubro de 2012 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de novembro de 2006 – 5 de outubro de 2010 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Líder da oposición de Cataluña
20 de decembro de 2003 – 27 de decembro de 2010
← Pasqual MaragallJoaquim Nadal (pt) Traducir →
Deputado do Parlamento de Cataluña
5 de decembro de 2003 – 8 de setembro de 2006 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Conselleiro en xefe
17 de xaneiro de 2001 – 20 de decembro de 2003
← Josep TarradellasJosep-Lluís Carod-Rovira →
General secretary of Convergència (en) Traducir
2000 – 2012
← Pere EsteveOriol Pujol Ferrusola (pt) Traducir →
Deputado do Parlamento de Cataluña
5 de novembro de 1999 – 23 de setembro de 2003 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Minister of Economy and Finance (en) Traducir
30 de xullo de 1997 – 19 de xaneiro de 2001
← Macià AlavedraFrancesc Homs (pt) Traducir →
Nomeado por: Jordi Pujol
Deputado do Parlamento de Cataluña
5 de decembro de 1995 – 24 de agosto de 1999 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Minister of Territorial Policy and Public Works (en) Traducir
15 de xuño de 1995 – 20 de xullo de 1997
← Jaume Roma (en) TraducirPere Macias →
Nomeado por: Jordi Pujol
Deputado provincial de Barcelona
18 de xullo de 1991 – 5 de xullo de 1995
Concelleiro de Barcelona
10 de xuño de 1987 – 28 de maio de 1995
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
Aula Escola Europea (pt) Traducir
Lycée Français de Barcelone (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, economista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Europeo Catalán (2016–)
Convergència Democràtica de Catalunya (1991–2016) Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeHelena Rakòsnik i Tomé (1982–) Editar o valor en Wikidata
Condenado porpromote a democratic referendum (en) Traducir (2017) Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina webhttp://presidentmas.gencat.cat/
IMDB: nm1772787 Facebook: Artur-Mas-50747210078 Twitter: presidentMas Instagram: artur_mas BNE: XX1258965 Editar o valor en Wikidata

É tamén presidente da federación de Convergència i Unió (CiU) e presidente de Convergència Democràtica de Catalunya. Foi conselleiro de Política Territorial e Obras Públicas da Generalitat de Cataluña de 1995 a 1997, de Economía e Finanzas de 1997 a 2001 e Conselleiro Xefe (Conseller en Cap) entre 2001 a 2003. Foi o líder da Oposición do Parlamento de Cataluña de maio de 2004 a decembro de 2010.

Traxectoria

editar

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, Artur Mas foi concelleiro no Concello de Barcelona (1987-1995) e é deputado no Parlamento de Cataluña desde 1995. Nese último ano foi nomeado conselleiro de Política Territorial e Obras Públicas, cargo que ostentou até finais de 1997, cando foi designado conselleiro de Economía e Finanzas.

En xaneiro de 2001 deixou a consellaría de Economía para pasar a ser Conselleiro Xefe da Generalitat de Cataluña, cargo que ostentou até decembro de 2003. En 2003 a federación de CiU, da cal era cabeza de lista, conseguiu a maioría relativa de deputados nas eleccións para o Parlamento de Cataluña, mais ficaría na oposición a causa da formación do denominado pacto tripartit, un acordo para gobernar asinado polo Partit Socialista de Catalunya (PSC), Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e Iniciativa per Catalunya-Els Verds (ICV).

O 27 de maio de 2004 Mas foi nomeado Xefe da Oposición polo novo presidente da Generalitat , Pasqual Maragall.

En 2006 volveu a se presentar ás eleccións ao Parlamento de Catalunya, como cabeza de lista de CiU, obtendo maioría simple de escanos, mais, de novo ao non lograr maioría absoluta, reedítase o acordo entre PSC, ICV e ERC, quedou máis unha vez excluído da presidencia catalá.

Presidente da Generalitat

editar

O 18 de xaneiro de 2010 Artur Mas foi proclamado por terceira vez consecutiva candidato de CiU á presidencia da Generalitat para as eleccións de 2010. A designación produciuse nun contexto no que todas as enquisas apuntaban a un forte crecemento electoral da formación nacionalista.

O 28 de novembro de 2010, a súa formación obtivo unha ampla vitoria nas eleccións ao Parlamento de Cataluña, co 46% dos deputados da cámara (62 escanos). Esta folgada vitoria facía evidente a ampla maioría parlamentaria de CiU e o seu acceso ao Goberno de Cataluña, así como a elección de Mas como presidente da Generalitat.

Habéndose constituído o Parlamento, o 16 de decembro de 2010, a presidenta do Parlamento, Núria de Gispert, propúxoo como candidato á presidencia da Generalitat. No discurso de investidura do 20 de decembro, Mas reivindicou un novo modelo de financiamento para Cataluña como o gran reto para os próximos anos e proclamou a "transición nacional" de Cataluña baseada no dereito a decidir.

Foi investido o presidente da Generalitat de Cataluña, o 23 de decembro de 2010, ao contar cos votos favorables do grupo parlamentario de Convergència i Unió, e a abstención do grupo parlamentario do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) nunha segunda volta. Asumiu o cargo oficialmente o 27 de decembro da man do seu predecesor José Montilla. O mesmo día nomeou o seu Goberno, que tomou posesión o 29 de decembro.

En plena crise económica e de relación co goberno central, Mas e o resto de dirixentes da cúpula de CDC dirixen o xiro independentisa de CDC a favor da independencia de Cataluña. Outras fontes sinalan que unha razón fundamental do xiro político é a vontade de distraer a atención dos numerosos escándalos de corrupción nos que CiU está implicado.[1]

O 25 de setembro de 2012 convoca eleccións anticipadas para o 25 de novembro, dous anos antes do previsto, tras recoñecer o fracaso do pacto fiscal para Cataluña e ao non conseguir acordos na súa reunión en Madrid co presidente do Goberno español Mariano Rajoy.

Cargos

editar
  • Concelleiro do Concello de Barcelona. (1987-1995)
  • Deputado por Barcelona no Parlamento de Cataluña. (Desde 1995)
  • Conselleiro de Política Territorial e Obras Públicas. (1995-1997)
  • Conselleiro de Economía e Finanzas. (1997-2001)
  • Secretario xeral de CDC. (Desde 2000)
  • Conselleiro Xefe da Generalitat de Cataluña. (2001-2003)
  • Presidente de CiU. (2001-2015)
  • Xefe da Oposición de Cataluña. (2004-2010)
  • Presidente da Generalitat de Cataluña. (2010-2016)
  • Presidente de CDC. (Desde 2012)


Predecesor:
Jaume Roma i Rodríguez
  
Conselleiro de Política Territorial e Obras Públicas da Generalitat de Cataluña
 
1995-1997
Sucesor:
Pere Macias
Predecesor:
Macià Alavedra
  
Conselleiro de Economía e Finanzas da Generalitat de Cataluña
 
1997-2001
Sucesor:
Francesc Homs i Ferret
Predecesor:
Pere Esteve
 Secretario xeral de Convergència Democràtica de Catalunya 
2000-2012
Sucesor:
Oriol Pujol
Predecesor:
Ningún
  
Presidente de Convergència i Unió
 
2001-2015
Sucesor:
Desapareceu
Predecesor:
Ningún
(Anteriormente Josep Tarradellas, 1954)
  
Conselleiro Xefe da Generalitat de Cataluña
 
2001-2003
Sucesor:
Josep-Lluís Carod-Rovira
Predecesor:
Ningún
  
Líder da oposición de Cataluña
 
2004-2010
Sucesor:
Joaquim Nadal
Predecesor:
José Montilla
  
Presidente da Generalitat de Cataluña
 
2010-2016
Sucesor:
Carles Puigdemont
Predecesor:
Jordi Pujol
 Presidente de Convergència Democràtica de Catalunya 
2012-actualidade
Sucesor:
No cargo
  1. "CiU tapa os seus escándalos de corrupción co proxecto independentista". MasPúblico. 6 de outubro de 2012. Consultado o 7 de outubro de 2012. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar