Apterigotos
Apterigotos Apterygota Rango fósil: Devoniano - actualidade | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lepisma saccharina | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Ordes [1] | |||||||||
O dos apterigotos[2] (Apterygota) é un taxon parafilético que agrupa aos hexápodos que no curso da evolución nunca estivero provistos de ás.
O concepto opónse ao de pterigotos[3] (Pterygota), que significa 'alados', grupo, este si monofilético que inclúe os verdadeiros insectos con ás ou que claramente derivan de antepasados alados (como os sifonápteros ou pulgas).
Apterygota e Pterygota son grupos artificiais sen carácter taxonómico.
Etimoloxía
editarO termo do latín científico Apterygota deriva do grego científico απτέρυγος aptérygos, 'sen ás', ou, se queremos, formado polos elementos do latín científico a-, co sentido de privación ou negación, e -pterygota plural neutro do grego científico πτερυγωτός pterygōtós, 'alado', derviado do grego antigo πτέρυξ ptéryx ou πτερόν pterón, 'á'.
Características
editarOs apterigotos considéranse os hexápodos máis primitivos, como o demostra o feito de non ter desenvolvido aínda as ás, e o de non experimentar metamorfose (presentan ametabolismo). Á parte destas dúas características, claramente plesiomórficas, non comparten ningún carácter derivado (apomorfía) que xustifique a existencia deste grupo como entidade taxonómica. Os grupos parafiléticos desta índole non son aceptados pola actual taxonomía cladística.
En resumo, están caracterizados por:
- o seu pequeho tamaño,
- a ausencia de ás; son insectos primitivos, que non posuíron nunca ás no curso do seu desenvolvemento, e
- polo seu desenvolvemento con mudas sucesivas, pero sen modificacións morfolóxicas importantes (a pesar do feito de que algúns poidan ter cambios radicais, que os transforman así en "variedades" diferentes da súa especie) .
Clasificación clásica
editarTradicionalmente, o grupo dividíase en catro ordes:
Porén, o WoRMS considera aos Apterygota como unha dubidosa subclase da clase dos insectos, dividida nas ordes dos Archaeognatha e a dubidosa dos Thysanura (hoxe Zygentoma).[1]
Filoxenia
editarComo vemos, nos apterigotos agrupábanse os colémbolos, os proturos, os dipluros, os arqueógnatos e os tisanuros.
As relacións filoxenéticas entre estes grupos e os insectos alados (Pterygota) son:[4]
Hexapoda |
| |||||||||||||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Apterygota no WoRMS.
- ↑ apterigotos no dicionario da RAG.
- ↑ pterigotos no dicionario da RAG.
- ↑ Hexapoda Arquivado 14 de marzo de 2008 en Wayback Machine. en Tree of Life.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apterigotos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Apterigotos |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Apterygota no ITIS. (Non válida, remite a Hexapoda.)
- Hexapoda no ITIS.
- Apterygota na EOL.