Anastasia (filme de 1997)
Anastasia é un filme estadounidense de animación, producido por Fox Animation Studios e distribuído por 20th Century Fox, que dirixido por Don Bluth e Gary Goldman. Está protagonizado polas voces Meg Ryan, John Cusack, Kelsey Grammer, Hank Azaria, Christopher Lloyd e Angela Lansbury. O filme é unha adaptación da lenda da duquesa Anastasia, que afirma que escapou da execución da súa familia.
Anastasia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Don Bluth Gary Goldman |
Produtor | Don Bluth Gary Goldman |
Guión | Susan Gauthier Bruce Graham Bob Tzudiker Noni White Eric Tuchman |
Intérpretes | Meg Ryan John Cusack Kelsey Grammer Hank Azaria Christopher Lloyd Angela Lansbury |
Música | David Newman |
Montaxe | Bob Bender Fiona Trayler |
Estudio | Fox Animation Studios |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | Nova York: 14 de novembro de 1997 21 de novembro de 1997 |
Duración | 94 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Fantástico |
Orzamento | $50 000 000 |
Recadación | $139 800 000 |
Na rede | |
http://www.anya.com/main.html | |
O filme estreouse o 14 de novembro de 1997 na cidade de Nova York e nos Estados Unidos o 21 de novembro do mesmo ano. Malia as obxeccións dalgúns historiadores polo seu argumento fantasioso que re-escribe a vida da duquesa, tivo unha acollida boa por parte da crítica. Dun orzamento de $50 millóns, recadou $139 804 348 en todo o mundo, facendo de Anastasia un grande éxito. Tamén recibiu nomeamentos a varios premios, incluíndo a dous Oscars, por mellor canción orixinal ("Journey to the Past") e mellor banda sonora.
Personaxes
editar- Meg Ryan como Anastasia
- Kirsten Dunst como Anastasia de nena
- Lacey Chabert como voz de canto da Anastasia nena
- Liz Callaway como voz de canto da Anastasia maior
- John Cusack como Dimitri
- Glenn Walker Harris Jr. como Dimitri de neno
- Jonathan Dokuchitz como voz de canto de Dimitri
- Kelsey Grammer como Vladimir "Vlad" Vanya Voinitsky Vasilovich
- Christopher Lloyd como Grigorii Rasputin
- Jim Cummings como voz de canto de Rasputin
- Hank Azaria como Bartok
- Angela Lansbury como Emperatriz María
- Bernadette Peters como Sophie Stanislovskievna Somorkov-Smirnoff
- Andrea Martin como "Comrade" Phlegmenkoff
- Rick Jones como Tsar Nicolao II de Rusia
- Rick Jones como as voces do soldado revolucionario, do servente e do axente de billetes
- Charity James como Anastasia impostora
- Debra Mooney como Actriz
- Arthur Malet como Traveling Man
Notas
editar- ↑ British Board of Film Classification, ed. (5 de decembro de 1997). "ANASTASIA (U)". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Anastasia na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en Box OfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)