Amos Oz

escritor israelí

Amos Oz (en hebreo: עָמוֹס עוֹז) nado en Xerusalén o 4 de maio de 1939[1] e finado en Tel Aviv o 28 de decembro de 2018),[2][3] foi un escritor, novelista e xornalista israelí

Modelo:BiografíaAmos Oz

(2005) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) עמוס עוז Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(he) Amos Klausner Editar o valor en Wikidata
4 de maio de 1939 Editar o valor en Wikidata
Xerusalén (Mandato británico de Palestina) Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 2018 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Petah Tikva, Israel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKibbutz Hulda Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Hebrea de Xerusalén
Gymnasia Rehavia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, xornalismo e sistema educativo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, profesor universitario, escritor de literatura infantil, poeta, escritor, pedagogo, tradutor, ensaísta, xornalista, novelista, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade Ben-Gurion do Negev (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoMeretz (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Carreira militar
ConflitoGuerra dos Seis Días
Guerra do Yom Kippur Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosFania Oz-Salzberger, Galia Oz, Daniel Oz Editar o valor en Wikidata
PaiYehuda Arieh Klausner Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0654672 Allocine: 184320 Allmovie: p197325 BNE: XX911034 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Rexistrado ao nacer co nome Amos Klausner, é considerado como un dos máis importantes escritores contemporáneos en hebreo.[4] Nado no barrio xerosolimitano de Karem Avraham foi fillo único de Fania e Yehuda A. Klausner, que emigraran anos antes dende a actual Ucraína e Lituania, respectivamente, fuxindo da crecente hostilidade antisemita. O seu pai e o resto da súa familia paterna simpatizaban politicamente coa dereita sionista revisionista. Amos Oz estudou nunha escola relixiosa malia a que seus pais non eran xudeus practicantes. Con 12 anos sofre a perda da súa nai, que padecía depresións e acabou suicidándose. Dous anos máis tarde ingresou por vontade propia no kibbutz de Hulda, sendo nesta altura cando adoptou o seu novo apelido: Oz (en hebreo: coraxe).

Casou en 1960 con Nily Zuckerman e foi pai de tres fillos. Ademais estudou literatura na Universidade Hebrea de Xerusalén e exerceu como profesor na escola do seu kibbutz. Reservista logo de facer o servizo militar, foi chamado a filas polas Forzas de Defensa de Israel nas guerras dos Seis Días (1967) e na do Yom Kippur (1973).

A mediados da década de 1980 a familia Oz deixou o kibbutz e instalouse en Arad, no deserto do Negev. Foi profesor de literatura na Universidade Ben-Gurión de Beer Sheba, no Néguev e membro da Academia Europea de Ciencias e Artes. En 2014, instalouse en Tel-Aviv e, en 2018, faleceu sendo soterrado en Hulda.[5]

Carreira literaria

editar

Os seus escritos exploran os conflitos e as angustias da sociedade israelí contemporánea e, máis concretamente, as tensións e presións que soportan as persoas pola ideoloxía, as fronteiras xeográficas e o pasado histórico brutal.[6]

De acordo coas súas propias lembranzas, a lectura de Sherwood Anderson animouno a escribir durante a súa adolescencia. En Una historia de amor y oscuridad afirma que o autor americano "liberou a miña man". De feito, a súa primeira obra, Tierra de chacales (1965), é unha compilación de relatos curtos inspirados na vida cotiá do kibbutz.

Pola súa traxectoria literaria obtivo o Premio Israel de Literatura (1988), o Premio Goethe de Literatura (2005) polo seu libro autobiográfico Una historia de amor y oscuridad e foi candidato varios anos consecutivos ao Premio Nobel de Literatura. Foi un dos fundadores do movemento pacifista israelí Shalom Ajshav (Paz Agora).[7] As súas reflexións sobre o conflito en Oriente Medio motivaron varias conferencias e os libros Contra el fanatismo e Queridos fanáticos. Neles insiste na vía dos dous Estados como base para a resolución do conflito e creación dunha unión económica entre ambos aberta aos países veciños. Tamén criticou con dureza as intervencións militares de Israel en Líbano en 2006 e as políticas do Primeiro Ministro Benjamin Netanyahu.[8][9] En 2007 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras[10].

  1. Kershner, Isabel (28 de decembro de 2018). "Amos Oz, Israeli Author and Peace Advocate, Dies at 79" (en inglés). The New York Times. Consultado o =28 de decembro de 2018. 
  2. "Muere a los 79 años el escritor israelí Amos Oz". El País. Madrid: PRISA. 28 de decembro de 2018. Consultado o 28 de decembro de 2018. 
  3. Zohar, Itamar (28 de decembro de 2018). "Amos Oz, Israeli Literary Giant, Dies at 79". Haaretz (en inglés). Consultado o =28 de deceembro del 2018. 
  4. EFE. "Miles de israelíes despidieron hoy al "mayor escritor" del país, Amos Oz". =eldiario.es (en castelán). Consultado o =2019-01-01. 
  5. "A pilgrimage to Amos Oz’s grave". The Jerusalem Post | JPost.com (en inglés). Consultado o 2021-01-30. 
  6. Sal Emergui (2017-09-18). "Amos Oz: "El fanatismo no fue creado por ISIS"". =Diario El Mundo (en castelán). Consultado o =2019-01-01. 
  7. Vilanova, Pere (2018-12-29). "Columna | A la sombra de Amos Oz". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-30. 
  8. "Son of novelist, activist David Grossman killed in Lebanon". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 2021-01-30. 
  9. Oz, Amos (2018-06-03). "Opinión | ¿Por qué romper el silencio?". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-30. 
  10. "Premios Príncipe de Asturias de las Letras 2007". Fundación Princesa de Asturias. Consultado o = 30 de decembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar