Abel Caballero

economista e político galego

Abel Ramón Caballero Álvarez, nado en Ponteareas o 2 de setembro de 1946, é un político, economista e escritor galego. Desde 2007 é alcalde de Vigo polo PSdeG-PSOE.[1]

Modelo:BiografíaAbel Caballero

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Ponteareas, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Federación Española de Municipios e Provincias
19 de setembro de 2015 –
← Íñigo de la Serna
Alcalde de Vigo
16 de xuño de 2007 –
← Corina Porro
Deputado no Congreso dos Deputados
21 de marzo de 1996 – 4 de novembro de 1997 – Carmela Silva →

Circunscrición electoral: Pontevedra

Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

5 de setembro de 1994 – 26 de xaneiro de 1996
Deputado no Congreso dos Deputados
22 de xuño de 1993 – 27 de marzo de 1996

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso dos Deputados
15 de novembro de 1989 – 29 de xuño de 1993

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso dos Deputados
11 de xullo de 1986 – 21 de novembro de 1989

Circunscrición electoral: Pontevedra

Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións
6 de xullo de 1985 – 7 de xullo de 1988
← Enrique Barón CrespoJosé Barrionuevo →
Deputado no Congreso dos Deputados
10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Datos persoais
ResidenciaVigo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Cambridge
Universidade de Essex Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Vigo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario, economista, político, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
Partido Comunista de España Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1168748 BUSC: caballero-abel-r-1946 Dialnet: 80310

Traxectoria

editar
 
Abel Caballero en 1986.

Abel Caballero é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, fixo o máster en Economía pola Universidade de Essex e é doutor pola de Cambridge.[2] Desenvolveu o seu labor como docente en diversas universidades españolas e europeas. É alcalde da cidade de Vigo dende xuño de 2007 e é Catedrático de Teoría Económica en excedencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Posúe así mesmo o título de Oficial da Mariña mercante.[3] Ademais, é presidente da Federación Española de Municipios e Provincias dende setembro de 2015[4][5].

Abel Caballero conta cunha ampla traxectoria política. Durante a súa xuventude, militou no Partido Comunista de España,[6] pasando a formar parte posteriormente do Partido Socialista Obrero Español.[7] Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións entre 1985 e 1988, durante o Goberno de Felipe González, foi deputado do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados durante a II lexislatura, pola Provincia da Coruña, e durante a III, IV, V e VI lexislaturas, pola Provincia de Pontevedra, ata 1997.[8] Nese ano, abandonou o seu escano no Congreso para presentarse como candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións da V lexislatura autonómica. Debido ós malos resultados obtidos polo PSdeG-PSOE neses comicios, Caballero pasou á segunda fila da escena política, aínda que mantería o seu escano no Parlamento de Galicia ata a constitución da VI lexislatura tralas eleccións autonómicas de 2001.[9]

Tras exercer como docente durante cinco anos na Universidade de Vigo,[10] Abel Caballero retomou a súa actividade política o 22 de setembro de 2005 co seu nomeamento como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.[11][12]

En 2007, foi proclamado candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vigo.[13] Tralas eleccións municipais de maio de 2007, a corporación local quedou constituída por 13 concelleiros do PP (44,12 % dos votos), 9 do PSdeG-PSOE (29,43 % dos votos) e 5 do BNG (18,58 % dos votos),[14] conseguindo desta forma o Partido Popular a maioría no pleno.[15] Con todo, o pacto de investidura e co-goberno alcanzado entre os socialistas e os nacionalistas investiu a Abel Caballero como novo alcalde da cidade en substitución da popular Corina Porro.[16]

Tralas eleccións municipais de 2011, que outorgaron 13 concelleiros ó PP (42,39 % dos votos), 11 ó PSdeG-PSOE (34,43 % dos votos) e 3 ó BNG (11,26 % dos votos),[17] Caballero saíu novamente reelixido alcalde da cidade, sendo o primeiro alcalde en conseguilo dende 1987, logrando ademais o mellor resultado para o PSdeG-PSOE en vinte anos,[18] aínda que nesta ocasión o BNG, quen o apoiou cos votos dos seus edís no pleno de investidura, rexeitou reformular o bipartito, pasando desta forma, xunto co PP, á oposición.[19].

Nas eleccións municipais de 2015 conseguiu maioría absoluta con 17 concelleiros, o PP conseguiu 7, Marea 3 e o BNG quedou sen ningún.[20], logrando o mellor resultado da historia de calquera outro alcalde en Vigo. Como consecuencia dos resultados das eleccións a nivel estatal, Abel Caballero fíxose tamén coa presidencia da FEMP, a Federación Española de Municipios e Provincias, cargo que ocupou ata setembro de 2023.

Nas eleccións municipais de 2019 volveu a lograr maioría absoluta cun 67% dos votos e 20 concelleiros, o PP conseguiu 4, Marea 2 e o BNG 1. Desta forma, converteuse no alcalde máis lonxevo da cidade tras Manoel Soto e conseguiu o mellor resultado histórico dun alcalde nunha cidade galega, pulverizando os rexistros de Paco Vázquez na Coruña en 1991 e 1999.

Obra literaria

editar

Ademais de obras científicas, Abel Caballero escribiu catro novelas:

  • La elipse templaria (Ediciones Martínez Roca, 2002[21])
  • El hombre que tenía miedo al mar (Ediciones Martínez Roca, 2003[22])
  • El invierno de las almas desterradas (Belacqva de Ediciones y Publicaciones, 2004[23])
  • La puerta amarilla (Styria de Ediciones y Publicaciones, 2006[24])
  1. Gabinete de Prensa do Concello de Vigo (11-06-2011). "Abel Caballero é investido alcalde por segundo mandato consecutivo". Consultado o 25-06-2011. 
  2. La segunda (y feliz) vida política de Abel Caballero (en castelán)
  3. Concello de Vigo. "Biografía do Alcalde". Consultado o 25-06-2011. 
  4. Federación Española de Municipios y Provincias. "Abel Caballero, nuevo Presidente de la FEMP". FEMP. Consultado o 20-03-2019. 
  5. "Junta de Gobierno Actualizada a septiembre 2018" (PDF). FEMP. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20-03-2019. Consultado o 20-03-2019. 
  6. Alonso Montero, Xesús (2007). Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-2006). Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-531-4. 
  7. Pita, Luis; Carvajo, Primitivo (1993). Paco Vázquez : a pegada dun principe. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-699-8. 
  8. Congreso de los Diputados. "Abel Ramón Caballero Álvarez". Arquivado dende o orixinal o 12-06-2011. Consultado o 25-06-2011. 
  9. Congreso de los Diputados. "Eleccións Autonómicas de Galicia do 19 de outubro de 1997". Consultado o 25-06-2011. 
  10. Diario da Universidade de Vigo (12-02-2000). "Entrevista a Abel Caballero". Arquivado dende o orixinal o 01-02-2012. Consultado o 25-06-2011. 
  11. Xunta de Galicia (22-09-2005). "ORDE do 19 de setembro de 2005 pola que se dispón o cesamento do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría". Consultado o 25-06-2011. 
  12. Xunta de Galicia (22-09-2005). "Orde do 19 de setembro de 2005 pola que se dispón o nomeamento do Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero Álvarez". Consultado o 25-06-2011. 
  13. La Voz de Galicia (03-09-2006). "Abel Caballero será propuesto como candidato a la alcaldía por la agrupación local del PSOE dentro de un mes". Arquivado dende o orixinal o 04-08-2016. Consultado o 25-06-2011. 
  14. Ministerio del Interior. "Resultados das eleccións municipais de 2007 no Municipio de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 04-11-2011. Consultado o 25-06-2011. 
  15. La Voz de Galicia (28-05-2007). "Corina Porro se queda a 2.800 votos de la mayoría absoluta y da paso a otro bipartito". Arquivado dende o orixinal o 04-08-2016. Consultado o 25-06-2011. 
  16. La Voz de Galicia (16-06-2007). "Abel Caballero, nuevo alcalde de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 03-08-2016. Consultado o 25-06-2011. 
  17. Ministerio del Interior. "Resultados das eleccións municipais de 2011 no Municipio de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 17-09-2011. Consultado o 25-06-2011. 
  18. Faro de Vigo (23-05-2011). "Abel Caballero revalida la Alcaldía con el mejor resultado para los socialistas en veinte años". Consultado o 25-06-2011. 
  19. Europa Press (11-06-2011). "Caballero toma posesión como alcalde de Vigo con guiños al BNG, que rechaza un nuevo bipartito". Consultado o 25-06-2011. 
  20. Elecciones en Vigo | Caballero arrasa con 17 concejales en el mayor éxito de una fuerza política en la historia de Vigo 25/5/2015.
  21. Ministerio de Cultura. "La elipse templaria". Consultado o 25-06-2011. 
  22. Ministerio de Cultura. "El hombre que tenía miedo al mar". Consultado o 25-06-2011. 
  23. Ministerio de Cultura. "El invierno de las almas desterradas". Consultado o 25-06-2011. 
  24. Ministerio de Cultura. "La puerta amarilla". Consultado o 25-06-2011. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Enrique Barón
 
Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións

1985-1988
Sucesor:
José Barrionuevo
Predecesor:
Julio Pedrosa
 
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo

2005-2007
Sucesor:
Suso Paz
Predecesor:
Corina Porro
 
Alcalde de Vigo

dende 2007
Sucesor:
No cargo