Abd al-Aziz III ibn Saud

(Redirección desde «Abdul Aziz Al-Saud»)

Abdul Aziz bin Abdul Rahman ibn Faisal Al Saud (en árabe عبد العزيز بن عبد الرحمن بن فيصل ال سعود), chamado Abd al-Aziz III ibn Saud[1], Abdul Aziz Ibn Saud ou simplemente Ibn Saud, nado en Riad probablemente o 24 de novembro de 1880 e finado en Taif o 9 de novembro de 1953, foi un nobre árabe, o primeiro rei de Arabia Saudita. Naceu no seo da Casa de Saud (tamén chamada Casa de Sa'ud), que mantivo historicamente o dominio sobre as terras do interior de Arabia coñecidas coma Nejd.

Modelo:BiografíaHis Majesty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Abd al-Aziz III ibn Saud
Father of Kings (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) عبد العزيز بن عبد الرحمن الفيصل آل سعود Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1877 Editar o valor en Wikidata
Riad, Arabia Saudita Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Ta’if, Arabia Saudita (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAl Oud cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro de Arabia Saudita
22 de setembro de 1932 – 9 de novembro de 1953
13º Rei de Arabia Saudita Emirado do Négede e Hasa (pt) Traducir
15 de xaneiro de 1932 – 9 de novembro de 1953
← Abdul Rahman bin Faisal (en) TraducirSaud bin Abdul Al-Aziz →
Gabinete ministerial: Council of Agents (en) Traducir
20º Wizarate of War (en) Traducir Forças Armadas da Arábia Saudita (pt) Traducir
1901 – 1921
← Abdul Rahman bin Faisal (en) TraducirMuhammad bin Abdul-Rahman (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRoyal Court (en) Traducir (1902–1953) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Provincia de Riad
Ash Sharqiyah (pt) Traducir
Hejaz (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónestadista, político, monarca, militar Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeArabia Saudita Editar o valor en Wikidata
Rama militarForças Armadas da Arábia Saudita (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarcommander-in-chief (en) Traducir (1921–1953)
wazir (en) Traducir (1901–1921) Editar o valor en Wikidata
ConflitoUnificação da Arábia Saudita (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportedeporte ecuestre Editar o valor en Wikidata
Participou en
13 de xaneiro de 1902Batalha de Riade (pt) Traducir
Q6860118 Traducir
Conferencia de Uqair
Q22928947 Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloKing of Nejd (en) Traducir (1927–1932)
King of Hejaz (en) Traducir (1925–1932)
Imam of Saudi Arabia (en) Traducir (1902–) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Saud Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFahda bint Asi Al Shuraim
Sarah bint Abdullah bin Faisal
Tarfah bint Abdullah Al Sheikh
Lulua bint Salih Al Dakhil
Haya bint Sa'ad Al Sudairi
Wadha bint Muhammad Al Orair
Baraka
Sharifa bint Saqr Al Fajri
Hassa bint Ahmed Al Sudairi
Al Jawhara bint Musaed Al Jiluwi
Munaiyirah Editar o valor en Wikidata
FillosNouf bint Abdulaziz Al Saud
 () Fahda bint Asi Al Shuraim
Nura bint Abdulaziz
 () Tarfah bint Abdullah Al Sheikh
Munira bint Abdulaziz
 () Wadha bint Muhammad Al Orair
Turki I bin Abdul
 () Wadha bint Muhammad Al Orair
Saud bin Abdul Al-Aziz
 () Wadha bint Muhammad Al Orair
Faysal bin Abdelaziz Al Saud
 () Tarfah bint Abdullah Al Sheikh
Muhammad bin Abdulaziz Al Saud
 () Al Jawhara bint Musaed Al Jiluwi
Nasser bin Abdulaziz
 ()
Khalid bin Abdul Aziz
 () Al Jawhara bint Musaed Al Jiluwi
Saad bin Abdulaziz
 ()
Anud bint Abdulaziz
 ()
Fahd bin Abdul Al-Aziz
 () Hassa bint Ahmed Al Sudairi
Mansour bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Musa'id bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Bandar bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Abdullah bin Abdulaziz Al Saud
 () Fahda bint Asi Al Shuraim
Abdul Muhsin bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Mishaal bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Sultana bint Abdul-Aziz Al Saud
 ()
Luluwah bint Abdul-Aziz Al Saud
 () Hassa bint Ahmed Al Sudairi
Al-Bandari bint Abdul-Aziz Al Saud
 ()
Sultan bin Abdul Aziz
 () Hassa bint Ahmed Al Sudairi
Haya bint Abdulaziz Al Saud
 ()
Mutaib bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Seeta bint Abdulaziz Al Saud
 () Fahda bint Asi Al Shuraim
Talal bin Abdulaziz Al Saud
 () Munaiyirah
Abdul-Rahman bin Abdul-Aziz Al Saud
 () Hassa bint Ahmed Al Sudairi
Badr bin Abdulaziz Al Saud
 () Haya bint Sa'ad Al Sudairi
Mishari bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Nawwaf bin Abdulaziz Al Saud
 () Munaiyirah
Nayef bin Abdul-Aziz Al Saud
 () Hassa bint Ahmed Al Sudairi
Fawwaz bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Turki II bin Abdul-Aziz Al Saud
 () Hassa bint Ahmed Al Sudairi
Salmán I
 () Hassa bint Ahmed Al Sudairi
Abdul Ilah bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Thamir bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Majid bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Mamdoh bin Abdulaziz
 ()
Sattam bin Abdul-Aziz Al Saud
 ()
Hazloul bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Mashhur bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Abdul Majeed bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Ahmed bin Abdulaziz Al Saud
 () Hassa bint Ahmed Al Sudairi
Muqrin bin Abdulaziz Al Saud
 () Baraka
Hamoud bin Abdulaziz Al Saud
 ()
Al Jawhara bint Abdulaziz Al Saud
 () Hassa bint Ahmed Al Sudairi
Latifa bint Abdulaziz Al Saud
 () Hassa bint Ahmed Al Sudairi Editar o valor en Wikidata
PaisAbdul Rahman bin Faisal Editar o valor en Wikidata  e Sara bint Ahmed Al Sudairi Editar o valor en Wikidata
IrmánsNoura bint Abdul Rahman Al Saud
Muhammad bin Abdul-Rahman
Abdullah bin Abdul-Rahman
Musaid bin Abdul Rahman
Sa'ad bin Abdul-Rahman
Faisal bin Abdul Rahman bin Faisal bin Turki Al Saud
Fahd bin Abdul Rahman bin Faisal Al Saud
Khalid bin Abdul Rahman bin Faisal bin Turki Al Saud
Saud bin Abdul Rahman bin Faisal Al Saud
Q25451979 Editar o valor en Wikidata
ParentesAhmed bin Mohammed Al-Sudairi, avó Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
23 de setembro de 1932Saudi National Day (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonte1922 Encyclopædia Britannica (en) Traducir
Africa: An Encyclopedic Reference, (vol:1) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: آل_سعود-4 Find a Grave: 14817613 Editar o valor en Wikidata


Abdul Aziz Al-Saud

Perda e reclamación do poder

editar

En 1890, con 10 anos, Saud acompañou á súa familia no seu exilio en Kuwait trala conquista das terras da familia por parte dos Rashidi.

No 1901, á idade de 21 anos, Ibn Saud sucedeu ó seu pai, Abdul Rahman bin Faisal como líder da familia Saud co título de sultán de Nejd. Foi nese intre cando comezou a loitar por reconquistar as terras da súa familia. En 1902, coa axuda dun grupo de familiares e serventes, reconquistou Riyadh, empregando tan só vinte homes, tras asasinar o gobernador Rashidi da cidade. Ibn Saud estaba considerado un líder moi carismático e os antigos aliados da Casa de Saud acudiron na súa axuda trala captura da cidade.

Nos seguintes dous anos, reconquistou case a metade de Nejd. En 1904 Ibn Rashid pediu axuda ó Imperio Otomán para derrotar á Casa de Saud. Os otománs enviaron tropas a Arabia, obrigando a Ibn Saud a pórse á defensiva. Os exércitos da Casa de Saud sufriron unha gran derrota o 15 de xuño de 1904, pero recuperaron as súas forzas rapidamente e retomaron a ofensiva ó mesmo tempo que as tropas turcas se retiraban por falta de subministracións. Coa axuda dun exército organizado ben adestrado, Ibn Saud consolidou o seu control sobre Nejd no 1912.

A primeira guerra mundial e a creación de Arabia Saudita

editar

Durante a primeira guerra mundial o goberno británico tentou conseguir o favor de Ibn Saud, pero xeralmente favoreceron ó seu rival Sherif Hussein ibn Ali, líder dos Hejaz, cos que os Sauds estaban en guerra case constante. Non obstante, os británicos asinaron un tratado en decembro de 1915 converteron as terras da Casa de Saud nun protectorado británico. A cambio, Ibn Saud comprometeuse a retomar a guerra contra os Rashidi, que eran novamente aliados dos otománs.

Pero Ibn Saud non declarou inmediatamente a guerra a Ibn Rashid a pesar de recibir un cargamento de armas e 5 000 £ ó mes dos británicos. Puxo coma escusa ante os británicos que o pago que recibiu era insuficiente para levar a cabo satisfactoriamente unha guerra contra un inimigo tan poderoso coma os Rashidi. Finalmente, en 1920, a Casa de Saud marchou contra os Rashidi, derrotándoos definitivamente no 1922. A derrota de Ibn Rashid dobrou o territorio dos Saud e as axudas británicas continuaron ata 1924.

En 1925 os Sauds capturaron a cidade santa da Meca, en poder de Sherif Hussein ibn Ali, rematando con 700 anos de tutela dos lugares santos islámicos por parte dos Hashemitas.

Foi declarado rei de Hejaz o 10 de xaneiro de 1926.

En 1927, os británicos recoñeceron a soberanía da familia Saud sobre o que hoxe se coñece coma Arabia Saudita. Nese intre, Ibn Saud cambiou o seu título de Sultán de Nejd polo de Rei de Hejaz e Nejd.

Dende 1927 ata 1932, Ibn Saud continuou consolidando o seu poder sobre a Península Arábiga. En 1932, tras conquistar case toda a península, Saud renomeou a zona chamándoa Arabia Saudita e proclamouse Rei de Arabia Saudita co apoio do goberno británico.

Petróleo e Guerras

editar

En 1938 descubriuse petróleo e Ibn Saud, a través do seu conselleiro Harry St. John Bridger Philby concedeu unha substancial autoridade sobre as explotacións petrolíferas ás compañías petroleiras estadounidenses. Nos primeiros tempos do gran boom do petróleo, a maioría dos cartos recibidos polo goberno saudita foron a parar ós cofres da familia real. Non obstante, a medida que os ingresos polo petróleo creceron, Ibn Saud comezou a gastar parte deses ingresos en mellorar a calidade de vida dos seus súbditos.

Saud forzou a moitas tribos nómades a establecerse en localizacións fixas e a abandonar as "pequenas guerras" e as vinganzas. Tamén se esforzou por loitar contra o crime, especialmente esforzouse por evitar os ataques contra os peregrinos que visitaban as cidades santas de Meca e Medina.

Arabia Saudita mantívose neutral durante a segunda guerra mundial, pero xeralmente foi considerado como parte dos aliados.

No 1948 Saud participou na Guerra Árabe-Israelí, aínda que a súa participación foi considerada puramente simbólica.

Familia e sucesión

editar

Ibn Saud tivo 52 fillos (dos cales 37 foron homes) con diferentes mulleres:

  1. Con Wadhba bint Muhammad al-Hazzam
    1. Turki (1917-1919)
    2. Saud (1902-1969)
  2. Con Bazza
    1. Nasser (1919-)
    2. Bandar (1923-)
    3. Fawwaz (1934-)
  3. Coa Princesa Jauhara bint Musaid Al Saud
    1. Muhammad (1910-1988)
    2. Khalid (1913-1982)
    3. Anud (1917-)
  4. Con Jauhara bint Saad al-Sudairy
    1. Saad (1920-1990)
    2. Musaid (1923-)
    3. Abdalmohsen (1925-1985)
  5. Con Shahida
    1. Mansur (1922-1951)
    2. Mishal (1926-)
    3. Qumasha (1927-)
    4. Muteb (1931-)
  6. Coa Princesa Haya bint Sa'ad al-Sudairy (1913-2003)
    1. Badr (1933-)
    2. Hassa
    3. Abdalillah (1935-)
    4. Abdalmajid (1940-)
    5. Mashael
  7. Con Hessa bint Ahmad al-Sudairy
    1. Fahd (1923-2005)
    2. Sultan (1928-)
    3. Abdalrahman (1931-)
    4. Turki (1932-)
    5. Nayef (1934-)
    6. Salman (1936-)
    7. Ahmad (1940-)
    8. Lulwah
  8. Con Fahda
    1. Khaled (1903-)
    2. Faisal (1904-1975)
    3. Fahd (1905-1919)
    4. Abdallah (1921-)
    5. Shaikha (1922-)
    6. Talal (1930-1931)
    7. Jauhara
    8. Talal (1931-)
    9. Daughter
    10. Badr (1931-1932)
    11. Mishari (1932-2000)
    12. Nawwaf (1933-)
    13. Thamir (1937-1959)
    14. Majed (1938-2003)
    15. Mamduh (1940-)
    16. Sattam (1941-)
    17. Hathloul (1941-)
    18. Nura (?-1930)
    19. Abdalsalam (1941-)
    20. Mashhur (1942-)
    21. Jiluwi (1942-1944)
    22. Muqren (1945-)
    23. Hamud (1947-)
    24. Sara (1916-2000)

Ibn Saud foi o pai de tódolos reis de Arabia Saudita que o sucederon.

Precedido por:
--
Reis de Arabia Saudita Sucedido por:

Saud bin Abdul Aziz

Precedido por:

Abdul Rahman bin Faisal Al Saud

Líderes da Casa de Saud Sucedido por:

Saud bin Abdul Aziz

  1. "Abd al-Aziz III ibn Saud". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 22. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar