A orella rota
A orella rota (L'Oreille cassée) é o sexto álbum da colección de as aventuras de Tintín, a serie de banda deseñada creada polo debuxante belga Hergé. Encargado polo conservador xornal belga Le Vingtième Siècle para o suplemento infantil Le Petit Vingtième, foi serializado semanalmente desde decembro de 1935 a febreiro de 1937.
A orella rota | |
---|---|
Copias do ídolo que aparece en A orella rota | |
Título orixinal | L'Oreille cassée |
Autor/a | Hergé |
Orixe | Bélxica |
Lingua | Francés |
Colección | As aventuras de Tintín |
Xénero(s) | Aventuras |
Editorial | Casterman |
Data de pub. | Seriado 5 de decembro de 1935 – 25 de febreiro de 1937 |
Formato | Seriado en Le Petit Vingtième, con recompilación en álbum |
Páxinas | 62 |
ISBN | ISBN |
Precedido por | O Loto Azul |
Seguido por | A illa negra |
Editor | Editorial Juventud |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Apareceu como álbum en 1937 e foi coreada en 1943. Unha vez máis, Hergé fai referencia a situacións da actualidade mundial. A guerra entra San Teodoro e Novo Rico por culpa do petróleo é un retrato da guerra do Chaco que enfrontou a Paraguai e Bolivia durante os anos 1930. A historia cónta como o mozo xornalista belga Tintín e o seu can Milú, perseguen aos ladróns dun fetiche suramericano, identificable pola súa orella dereita rota. Ao facelo, acaban na nación ficticia de San Theodoros, onde se enmarca nunha guerra e descobre a tribo Arumbaia no fondo do bosque.
Neste álbum, Tintín atópase cun tal Bazaroff. Este personaxe é o retrato dun coñecido traficante de armas da época chamado Basil Zaharoff.
A orella rota foi un éxito comercial e publicouse en formato libro pouco despois da súa conclusión. Hergé continuou As aventuras de Tintín con A illa negra, mentres que a serie pasou a ser unha parte definidora da tradición do cómic franco-belga. En 1943, A orella rota coloreouse e reformateouse para a súa republicación por Casterman. A orella rota introduce o personaxe recorrente do xeneral Alcazar, e foi o primeiro en incluír países de ficción.
A primeira edición en galego foi en 1990 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.
Sinopse
editarUn ídolo arumbaia foi roubado do Museo etnográfico e Tintín inicia a súa procura. Seguindo as pistas, descobre que dous homes se interesan tamén polo mesmo fetiche. Estes homes diríxense cara a San Teodoro, unha república de Suramérica. Tintín séguelles e atópase no centro dunha revolución. Por unha serie de casualidades termina convertido en axuda de campo do xeneral Alcázar. Estala a guerra entre San Teodoro e o seu veciño, Novo Rico; Tintín, perseguido por todos, foxe ata territorio dos arumbaias. Aí descobre por fin o segredo do ídolo: contén un pequeno diamante. Finalmente, o fetiche é recuperado en Europa e devolto ao museo.
Antecedentes e investigación
editarGeorges Remi, máis coñecido co alcume de Hergé, era o editor e ilustrador de Le Petit Vingtième ("O pequeno século XX"), [1] un suplemento para Le Vingtième Siècle ("O século XX "), un periódico católico romano, xornal belga conservador con sede na cidade natal de Hergé Bruxelas. Xestionado polo Abade Norbert Wallez director e protector de Hergé, o xornal anunciábase como un "Diario Católico para Doutrina e Información" e difundía un punto de vista fascista de extrema dereita.[2] Segundo Harry Thompson, estas ideas políticas eran comúns en Bélxica na época, e o ambiente de Hergé estaba impregnado de ideas conservadoras que xiraban ao redor do "patriotismo, catolicismo, moral estrita, disciplina e inxenuidade". [3]
En 1929, Hergé iniciou a banda deseñada As aventuras de Tintín para Le Petit Vingtième, unha serie sobre as fazañas dun xornalista belga de ficción chamado Tintín. Dende a súa infancia fascinouse co mundo ao aire libre do movemento Scout e do modo de vida dos que chamou "peles vermellas", Hergé quixo desenvolver a primeira aventura de Tintín entre os nativos americanos nos Estados Unidos.[4] Non obstante, Wallez ordenoulle que localízase a súa primeira aventura na Unión Soviética como un elemento de propaganda antisocialista para nenos (Tintín no país dos soviets) [5] e o segundo localizouse no Congo belga para fomentar o sentimento colonial (Tintín no Congo). [6]
Tintín en América foi a terceira historia da serie. Naquel momento, a extrema dereita belga era profundamente crítica cos Estados Unidos, como o era coa Unión Soviética. [7] Wallez, e en menor medida Hergé, compartían estas opinións, vendo o capitalismo, o consumismo e a mecanización do país como unha ameaza para a sociedade tradicional belga.[8] Wallez quería que Hergé usara a historia para denunciar o capitalismo americano e tiña pouco interese en representar aos nativos americanos, o que era o desexo principal de Hergé.[9] Como resultado, o encontro de Tintín cos nativos ocupou só unha sexta parte da narración.[10] Hergé buscou desmitificar o estereotipo "salvaxe cruel" dos nativos que fora perpetuado amplamente nas películas do oeste.[7] A súa representación dos nativos era bastante simpática, pero tamén os representou como crédulos e inxenuos, tanto como representou aos congoleses na 'Aventura' anterior. [11]
Wallez foi despedido posteriormente tras un escándalo, aínda que convenceron a Hergé para permanecer aumentándolle o seu salario.[12] Ao preparar A orella rota, Hergé desenvolveu o novo hábito de gardar notas e ideas argumentais nun caderno.[13] Tamén comezou a gardar recortes de fotografías e outras imaxes de revistas e xornais, arquivándoas para o seu uso futuro, utilizounos como base para moitos dos debuxos de a orella rota.[14]
Hergé usou A orella rota para aludir a feitos reais que tiveron lugar nese momento en Suramérica. Os países ficticios de San Teodoro e Novo Rico baseáronse nos países reais Bolivia e Paraguai, mentres que a Guerra de Gran Chapo representada na banda deseñada era unha alusión á Guerra do Chaco (1932-35) que se librou entre forzas boliviáns e paraguaias polos ricos campos petrolíferos da rexión de Gran Chaco.[15] O nome "Gran Chapo" era un xogo de palabras "grand chapeau" francés (chapeau, que pronúnciase chapó, en francês), que significa "gran chapeau", mentres que o nome de Novo Rico era un xogo de palabras de novo rico e o nome da capital de Novo Rico, Sanfación, era un xogo de palabras con sans façon, que significa "sen modais".[16] O personaxe de Hergé Basil Bazarov, da compañía Vicking Arms Ltd (Basil Mazaroff na edición de 1937), era unha alusión pouco velado do vendedor de armas grego da vida real Basil Zaharoff de Vickers Armstrong, que se beneficiou do conflito ao proporcionar armas tanto a Paraguai como a Bolivia.[17] Hergé estudara sobre o conflito e as corporacións occidentais que se beneficiaron dela a través de dous números da revista belga anticonformista La Crapouillot (O morteiro), que cubría noticias ignoradas polos medios de comunicación principais. [18] Tamén é probable que lera o libro de 1930 de Richard Lewinsohn Zaharoff, l'Européen mystérieux (Zaharoff, o misterioso europeo), que fora referenciado en La Crapouillot. [16]
O fetiche Arumbaia de Hergé baseouse no deseño dunha auténtica estatua peruana dos Museos reais de arte e historia de Bruxelas, unha estatua precolombiana Chimú, feita en madeira e datada entre o 1200 e o 1438 d.C. [19] Mentres que Hergé tivo acceso a falantes de mandarín ao crear O loto azul, non tivo acceso a falantes indíxenas amerindios polo que, a lingua arumbaia que desenvolveu era enteiramente ficticia.[20] baseou a súa estrutura principalmente no dialecto bruxelense Marolles da área de Bruxelas, mesturada con finais e construcións españolas.[14] Ao desenvolver os rivais dos Arumbaias, os Bibaros, foi influenciado por relatos antropolóxicos dos redutores de cabeza entre as tribos xíbaros. O explorador Ridgewell atopado vivindo entre os Arumbaias está baseado no explorador británico Coronel Percy Harrison Fawcett, que desapareceu misteriosamente na xungla amazónica en 1925.
Publicación orixinal
editarA orella rota serializouse por primeira vez en Le Petit Vingtième desde decembro de 1935 baixo o título Tintin et Milou chez les Arumbayas (Tintín e Milú entre os Arumbaias).[21] A partir do 7 de febreiro de 1937, a historia tamén serializouse no xornal católico francés, Cœurs Vaillants.[21] En 1937, recompilouse nun único volume de tapa dura e publicado por ediciones Casterman co título L'Oreille cassée (A orella rota).[21] Para esta edición realizouse un pequeno cambio, o personaxe menor de Carajo pasou a chamarse Caraco, porque a palabra "carajo" é argot español para pene.[22]
Na orella rota preséntase o personaxe do Xeneral Alcazar na serie, que pasou a converterse nun personaxe recorrente que apareceu en tres aventuras máis.[23] Como sinalou o biógrafo de Hergé Harry Thompson, 'A orella rota' é a primeira historia da serie Tintín que "comeza e remata no contorno doméstico" [24] e a primeira en tratar a busca dun obxecto específico.[24] tamén marca a última historia na que se ve a Tintín participando na actividade xornalística [25] e a primeira vez que as aventuras presentaban o piso de Tintín na Rúa Labrador 26, no que son visibles os recuerdos de O loto azul.[26] Influenciado polas películas de Alfred Hitchcock, Hergé inseriu unha ilustración de si mesmo no segundo cadro.[18] Tamén fixo referencia ás noticias contemporáneas no libro, cun locutor de radio falando da Segunda guerra ítalo-etíope no inicio da historia. Isto eliminouse na edición en cor.[25] Ao final da historia, Hergé mata a Ramón e Alonso e representounos arrastrados polos diaños ao inferno. A morte dos antagonistas da historia non se repetiu nas futuras historias.[24] Isto molestou aos editores de Cœurs Vaillants, que pediron a Hergé que cambiase de escena, molesto pola súa petición, despois comentou, "Na superficie non me custou nada, pero ese tipo de cambio foi realmente difícil para min." [27] Para a serialización da historia, substituíu ese cadro específico por un no que Tintín ofreceu as almas de Ramón e Alonso a Deus. [28] a versión galega conserva a viñeta dos diaños.
Notas
editar- ↑ Peeters 1989, pp. 31–32; Thompson 1991, pp. 24–25.
- ↑ Peeters 1989, pp. 20–32; Thompson 1991, pp. 24–25; Assouline 2009, p. 38.
- ↑ Thompson 1991, p. 24.
- ↑ Thompson 1991, p. 40,46; Farr 2001, p. 29; Peeters 2012, p. 55.
- ↑ Assouline 2009, pp. 22–23; Peeters 2012, pp. 34–37.
- ↑ Assouline 2009, pp. 26–29; Peeters 2012, pp. 45–47.
- ↑ 7,0 7,1 Assouline 2009, p. 32.
- ↑ Farr 2001, p. 35; Peeters 2012, p. 56.
- ↑ Thompson 1991, p. 46.
- ↑ Farr 2001, p. 29.
- ↑ Farr & 20 01, p. 29.
- ↑ Assouline 2009, pp. 40–41; Peeters 2012, pp. 67–68.
- ↑ Peeters 2012, p. 84.
- ↑ 14,0 14,1 Farr 2001, p. 64.
- ↑ Thompson 1991, pp. 68–69; Farr 2001, p. 62; Lofficier & Lofficier 2002, p. 38.
- ↑ 16,0 16,1 Farr 2001, p. 62.
- ↑ Thompson 1991, p. 69; Farr 2001, p. 62; Lofficier & Lofficier 2002, p. 38.
- ↑ 18,0 18,1 Assouline 2009, p. 57.
- ↑ Thompson 1991, p. 70; Farr 2001, p. 67; Lofficier & Lofficier 2002, p. 38.
- ↑ Thompson 1991, p. 70.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 Lofficier & Lofficier 2002, p. 37.
- ↑ Goddin 2008, p. 15.
- ↑ Thompson 1991, pp. 71 –72; Lofficier & Lofficier 2002, p. 38.
- ↑ 24,0 24,1 24,2 Thompson 1991, p. 72.
- ↑ 25,0 25,1 Farr 2001, p. 61.
- ↑ Farr 2001, p. 61; Peeters 2012, p. 82.
- ↑ Thompson 1991, p. 72; Peeters 2012, p. 86.
- ↑ Goddin 2008, p. 27.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Apostolidès, Jean-Marie (2010) [2006]. The Metamorphoses of Tintin, or Tintin for Adults. Jocelyn Hoy (translator). Stanford: Stanford University Press. ISBN 978-0-8047-6031-7.
- Assouline, Pierre (2009) [1996]. Hergé, the Man Who Created Tintin. Charles Ruas (translator). Oxford and New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-539759-8.
- Farr, Michael (2001). Tintin: The Complete Companion. London: John Murray. ISBN 978-0-7195-5522-0.
- Goddin, Philippe (2008). The Art of Hergé, Inventor of Tintin: Volume I, 1907–1937. Michael Farr (translator). San Francisco: Last Gasp. ISBN 978-0-86719-706-8.
- Hergé (1975) [1943]. The Broken Ear. Leslie Lonsdale-Cooper and Michael Turner (translators). London: Egmont. ISBN 978-0-416-83450-5.
- Lofficier, Jean-Marc; Lofficier, Randy (2002). The Pocket Essential Tintin. Harpenden, Hertfordshire: Pocket Essentials. ISBN 978-1-904048-17-6.
- McCarthy, Tom (2006). Tintin and the Secret of Literature. London: Granta. ISBN 978-1-86207-831-4.
- Peeters, Benoît (1989). Tintin and the World of Hergé. London: Methuen Children's Books. ISBN 978-0-416-14882-4.
- Peeters, Benoît (2012) [2002]. Hergé: Son of Tintin. Tina A. Kover (translator). Baltimore, Maryland: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0454-7.
- Pleban, Dafna (7 de novembro de 2006). "Investigating the Clear Line Style". Comicfoundry. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2009. Consultado o 4 de agosto de 2013.
- Thompson, Harry (1991). Tintin: Hergé and his Creation. London: Hodder and Stoughton. ISBN 978-0-340-52393-3.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- La oreja rota (edición española) na web de Editorial Juventud. ISBN 978-84-261-0274-4
- The Broken Ear na páxina oficial de Tintín
- The Broken Ear at Tintinologist.org