Artemisa

deusa da caza na mitoloxía grega
(Redirección desde «Ártemis»)

Para a planta chamada artemisa véxase o artigo:Herba de Nosa Señora.

Modelo:BiografíaArtemisa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἄρτεμις Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoMonte Cinto, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncazadora, arqueira Editar o valor en Wikidata
CelebraciónRelixión da Grecia antiga Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisZeus Editar o valor en Wikidata  e Leto Editar o valor en Wikidata
IrmánsApolo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata
A Ártemis de Versalles, copia romana da escultura en mármore de Leocares, actualmente no museo do Louvre.

Artemisa[1] ou Ártemis[2] é na mitoloxía grega unha deusa da caza e das bestas salvaxes.

Traxectoria

editar

É a irmá xemelga do deus Apolo e filla de Leto e Zeus. Posteriormente, chegouse a identificar con Hécate, a deusa dos mortos, que recibe como sacrificio humano a Ifixenia, filla de Agamenón. Este, antes de partir a Troia, ten que ofrecer á súa propia filla en sacrificio á deusa para que os ventos que lle impiden saír da cidade de Micenas cesen. Isto comportará o odio da súa esposa Clitemnestra que, á volta da guerra, dará morte ó seu marido coa axuda do seu amante Existo. Do mesmo xeito, tamén se asimilou a Selene, deusa da Lúa, que bica pola noite ó pastor Endimión, castigado por Xuno a durmir trinta anos. O templo máis importante da deusa estaba na cidade xonia de Éfeso, considerado unha das sete marabillas da Antigüidade, foi construído no ano 356 a.C. cun impoñente tamaño e unha profusa decoración helenística. Asemade, foi destruído no ano 262 d.C. polos godos.

Lendas

editar

As lendas máis importantes nas que participa de forma activa a deusa son as seguintes:

O castigo de Níobe. Níobe era filla de Tántalo e tivo seis fillos e seis fillas, mentres que Leto tivera tan só dous: Apolo e Ártemis. Entón a mortal comezouse a mofar da "escasa" fertilidade da deusa e, ante este ultraxe, os dous xemelgos responderon cunha cruel matanza, acabando Apolo cos seis fillos e Ártemis coas seis fillas, aínda que fontes máis tardías aseguran que a deusa salvou a unha das rapazas de Níobe converténdoa en sacerdotisa para o seu templo.

O príncipe Acteón. Certo día, a deusa Ártemis estaba a se bañar nun río totalmente espida. Entón, Acteón, que estaba cazando e se achegara ó escoitar uns ruídos, apartou as pólas que cubrían á deusa, véndoa espida. Ela, moi anoxada, rociouno con auga e converteuno nun cervo que, de seguido, foi perseguido e morto polos seus propios cans de caza. Deste episodio, danos boa conta Ovidio nas Metamorfoses.

A deusa adóitase representar armada con alxaba, arco e frechas, que comparte co seu irmán Apolo. Considérase a fundadora e deusa principal para a lendaria tribo das Amazonas que, como a deusa, dedicábanse á caza e á loita.

Tamén é protectora da virxindade e castidade femininas, as cales protexeu contra o cazador Orión do que a deusa se namorou mandándolle un escorpión para que o matara unha vez que este a intentara violar. Como deusa, pode chamar a atención a súa falta de piedade que, nun primeiro momento, salta á vista. Pero esta falta de bondade ou piedade non é tan evidente en realidade, pois tamén proporcionaba unha doce morte ás mulleres no parto cando as cousas se complicaban.

En Roma, asimilouse a Diana, coa que compartía multitude de semellanzas e, unha vez inserida nesta civilización, tamén se lle atribúen novos mitos, destacando a súa participación na obra cumio de Virxilio, a Eneida, onde en todo momento axuda e defende á amazona Camila, a cal, unha vez morta por Arrunte, é vingada pola deusa. En Roma, construíuselle un templo no Aventino e a súa festa celebrábase nos idos de agosto, isto é, o día trece.