Ángel Álvarez Durán
Ángel Álvarez Durán, coñecido como Geluco, nado en 1931 e finado en Vigo o 24 de marzo de 1998,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1931 valor descoñecido |
Morte | 24 de marzo de 1998 (66/67 anos) Vigo, España |
Alcalde de Tui | |
1979 – 1987 ← Alejo Núñez Pascual – Juan Miguel Diz Guedes → | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Traxectoria
editarFillo de Ángel Álvarez Pérez. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Tui e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura do Partido Galeguista e volveu ser elixido alcalde grazas a un pacto de goberno. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Independentes de Galicia, perdendo a alcaldía en favor de Juan Manuel Diz Guedes, de Unión Tudense. Mántivose como concelleiro de Converxencia Nacionalista Galega tralas eleccións de 1991 e 1995, chegando a apoiar a moción de censura de febreiro de 1998 que descabalgou a Miguel Ángel Capón Rey en favor Antonio Fernández Rocha, se ben non entrou a formar parte do seu goberno e se mantivo na oposición ata o seu falecemento.
Predecesor: Alejo Núñez Pascual |
Alcalde de Tui 1979 - 1987 |
Sucesor: Juan Miguel Diz Guedes |
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 25-3-1998, p. 52.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.