Duraluminio
O duraluminio é unha aliaxes de aluminio (> 90 %) con cobre (3-5 %), magnesio (0,4-2,4 %) e manganeso (0,3-1 %) e, ás veces, unh pequena porcentaxe de silicio. Pertence á familia das aliaxes aluminio-cobre.[1]
Foi descuberto accidentalmente en 1908 polo químico e enxeñeiro metalúrxico alemán Alfred Wilm (1869-1937),[2] en Düren (Alemaña),[3] aínda que non foi introducido na industria até 1909.[4]
Antes de ser sometido a un tratamento térmico, a aliaxe é dúctil e maleábel. Pero co tratamento térmico, unha reacción entre o aluminio e o magnesio provoca un aumento na dureza e a resistencia á tracción.
Propiedades
O seu peso lixeiro e outras propiedades físicas fixeron que o duraluminio fora amplamente utilizado na industria aeroespacial desde a década de 1920. As súas principais característica son a grande resistencia á tracción e a súa moi elevada resistencia mecánica a temperatura ambiente.[1] Porén, a súa resistencia á corrosión, soldabilidade e aptitude para o anodizado son baixas.
- Boa mecanización.
- Pouca resistencia á abrasión.
- Pouca resistencia á corrosión.
Aplicacións
Os duraluminios empréganse especialmente na industria aeronáutica e na de automoción.[5]
Son aliaxes das máis usadas, dentro dos aluminios, que permiten aplicacións até hai pouco reservadas aos aceiros.
- Parafusos.
- Moldes de soprado.
- Mosquetóns.
- Estampacións.
- Utensilios diversos.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 ASM Handbook. Volume 2, En Properties and Selection: Nonferrous alloys and special purpose materials. ASM, 2002.
- ↑ duraluminium en Ortolang (en francés) Consultada o 31 de marzo de 20p12.
- ↑ L’aluminium historique por Gérard Hartmann, p. 7.
- ↑ J. Dwight. Aluminium Design and Construction. Routledge, 1999.
- ↑ J. Snodgrass and J. oran. Corrosion Resistance of Aluminum Alloys. In Corrosion: Fundamentals, Testing and Protection, volume 13a of ASM Handbook. ASM, 2003.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: aliaxes de aluminio |
Outros artigos
Ligazóns externas
- L’aluminium historique por Gérard Hartmann (en francés) Consultada o 31 de marzo de 2015.