Reacción química

Unha reacción química é un proceso no que unha ou máis substancias,os reactivos, se transforman noutras substancias diferentes, os produtos da reacción. Un exemplo de reacción química é a formación de óxido de ferro producida ó reaccionar o osíxeno do aire co ferro.

Unha reacción química xorde da reordenación dos átomos presentes nos reactivos que ó reagrupárense de distinta maneira darán lugar ós produtos. Nunha reacción química rómpense ou fórmanse enlaces entre os átomos.

Unha reacción química pode representarse pola correspondente ecuación química, na cal se indican as fórmulas químicas dos reactivos e dos produtos. Con frecuencia, indícase tamén o estado dos mesmos mediante abreviaturas como s , estado sólido, l, estado líquido, g , estado gasoso.

Fe (s) + O2 (g) → FeO (s)

Os produtos obtidos a partir de certos tipos de reactivos dependen das condicións baixo as que se dá a reacción química. Pero aínda que os produtos poden variar segundo cambien as condicións, determinadas cantidades permanecen constantes en calquera reacción química. Estas cantidades constantes, as magnitudes conservadas, inclúen o número de cada tipo de átomos presentes, a carga eléctrica e a masa total.

Véxase tamén

editar