Xogos da VII Olimpíada
Antuerpen 1920
Estados Participantes 29
Atletas 2626
Eventos 154 en 22 deportes
Cerimonia de Apertura 20 de abril
Cerimonia de Clausura 12 de setembro
Apertura oficial Rei Alberte I de Bélxica
Xuramento do Atleta Victor Boin
Local Olympisch Stadion

Os Xogos Olímpicos de 1920 foron realizados en Antuerpen, en Bélxica, nunha homenaxe do COI ó sofremento inflinxido ó pobo belga durante a I Guerra Mundial, que inclusive impediu a realización dos Xogos de 1916, anteriormente marcados para Berlín. Atletas de 29 países, nun total de 2.561 homes e 65 mulleres participaron de 24 deportes nun total de 154 modalidades. Abertos polo Rei Alberte o 20 de abril, duraron até o 12 de setembro.

Participantes

Os Xogos de Antuerpen foron notables polo feito de ser izada por primeira vez a bandeira olímpica (branca con cinco aneis no centro representando os cinco continentes), ter habido unha pioneira solta de pombas simbolizando a paz e terse realizado o Xuramento dos Atletas, lido polo esgrimista e xogador de waterpolo Victor Boin.

Curiosidades

  • O italiano Nedo Nadi realizou un feito nunca máis igualado nos Xogos ó conquistar cinco medallas de ouro entre as seis modalidades de Esgrima.
  • O tirador sueco Oscar Swahn, medallista de ouro en Londres doce anos antes, gañou unha medalña de prata por equipos no tiro ós 72 anos e tornouse no atleta máis vello en gañar unha medalla olímpica en todos os tempos.
  • Estes Xogos viron a aparición daquel que sería un dos maiores atletas de todos os tempos, o corredor finlandés Paavo Nurmi.

Modalidades disputadas

Cadro de Medallas

Cadro de Medallas  
Posición País                   Total
1   Estados Unidos 41 27 27 95
2   Suecia 19 20 25 64
3   Reino Unido 16 15 13 44
4   Finlandia 15 10 9 34
5   Bélxica 14 11 11 36
6   Noruega 13 9 9 31
7   Italia 13 5 5 23
8   Francia 9 19 13 41
9   Países Baixos 4 2 5 11
10   Dinamarca 3 9 1 13