Man
Man | |
---|---|
Man esquerda humana | |
Vea | rede venosa dorsal da man |
Nervio(s) | nervio ulnar, nervio mediano, nervio radial |
MeSH | Hand |
A man é a parte final de cada extremidade superior (ou brazo), principalmente nos mamíferos bípedes. Por extensión tamén se usa ese termo e os nomes de moitos dos seus constituíntes para designar os órganos equivalentes dos membros anteriores de moitos vertebrados.
Divídese xeralmente en tres rexións: carpo, metacarpo e dedos.
Tal como nos restantes órganos pares, as mans son simétricas.
A man do ser humano
[editar | editar a fonte]Tamén chamada de Quirodáctilo (debido aos dedos), a man cun dedo oposto aos restantes -o polgar - foi unha adquisición evolutiva (segundo a teoría da evolución) extremadamente importante, pois permitiu a utilización de instrumentos, cos cales poder defenderse máis facilmente e modificar o ambiente que os rodean para sobreviviren mellor.[1].
A man ten 27 ósos principais: 8 no carpo, 5 no metacarpo e 14 falanxes, máis un número variábel de pequenos ósos sesamoides.
Os movementos da man humana débense a dous conxuntos de músculos: os intrínsecos, ou sexa, que se encontran na propia man, e os extrínsecos -os flexores e extensores longos-, que se encontran no antebrazo. Os músculos intrínsecos son os tenares e hipotenares, respectivamente ligados ao 1º e 5º dedos, os músculos interóseos (entre os metacarpianos), catro dorsais e tres volares e os músculos lumbricais. Estes músculos teñen a súa orixe no flexor profundo e caracterízanse por non teren orixe nos ósos.
Os músculos extrínsecos son os dous flexores longos, localizados na parte interna do antebrazo e que se unen por tendóns ás falanxes (moi visíbeis no dorso da man). O flexor profundo únese ás falanxes distais e o flexor superficial ás falanxes medias. Estes músculos son responsábeis da flexión dos dedos. O polgar ten un flexor longo e un curto no grupo de músculos tenares, alén dos músculos opoñente, abdutor e rotador.
Proporción áurea
[editar | editar a fonte]A proporción áurea é unha razón presente en varios aspectos da natureza, e equivale aproximadamente a 1,618033. Esta proporción está presente tamén nas mans humanas nas relacións entre :
- O tamaño dos dedos e a medida da dobra central até a punta
- A medida da dobra central até a punta dividido e da segunda dobra até a punta.
A man e a cultura humana
[editar | editar a fonte]A gran capacidade de movementos da man permitiulle ao ser humano desenvolver a lingua de sinais, non só para mellorar a comunicación entre xordos, senón tamén para utilizar en situacións especiais, como no teatro e entre navíos ou persoas que se encontran fóra do alcance do ouvido, mais que se poden ver entre si.
Outra posibilidade (tamén existente nos restantes primates) é a utilización da man como arma, non só fechada nun puño, senón tamén noutras posicións, como nas artes marciais.
A man na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: A man na cultura popular galega.
A importancia da man na cultura está patente en moitas expresións como, por exemplo:
- Coñecer [algo] como a palma da miña man.
- De segunda man, que xa tivo outro posuidor.
- Gobernar con man de ferro ou con pulso de ferro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Edgar Morin, no seu "O Paradigma Perdido" refírese á dialéctica "pé - man - cerebro"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Man |