Saltar ao contido

vital

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /bi.ˈtal/ (AFI)

Adxectivo

vital (sg: vital; pl: vitais)

  1. Pertencente ou relativo á vida.
    • Exemplo: As funcións vitais do organismo.

  2. Que é necesario para a vida.
    • Exemplo: Unha boa alimentación é vital.

  3. Que ten unha grande enerxía para actuar ou vivir.
    • Exemplo: O seu carácter vital e alegre axudouno a superar as dificultades.

  4. (Figurado) Que é de suma importancia.
    • Exemplo: Iso que me contas é unha cuestión vital. É vital para o equipo gañar o próximo partido.

Termos relacionados

constantes vitais, espazo vital, signos vitais.