pasivo
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /paˈsiβo̝/ (AFI)
pasivo (ms: pasivo; mpl: pasivos; fs: pasiva; fpl: pasivas)
- Que non posúe actividade, falto de acción.
- Que recibe e sofre as accións ou efectos de elementos próximos sen realizar contraaccións.
- Que non posúe iniciativa.
- Dise dun metal sometido á pasivación.
- Dise dun sistema que funciona sen fonte de enerxía.
pasivo (sg: pasivo; pl: pasivos)
- (Economía) Suma de todos os elementos patrimoniais que supoñen algunha obriga ou débeda para unha empresa.
Termos relacionados
- clase pasiva
- conxestión pasiva
- exercicio pasivo
- suxeito pasivo
- voz pasiva
- pasivo fixo, pasivo non corrente
- pasivo corrente, pasivo circulante
- pasivo certo: sábese o importe exacto a satisfacer
- pasivo estimado: existe un certo grao de incerteza (provisións)
- pasivo continxente: de carácter potencial futuro, como un aval
- pasivo esixible}