moa
Aparencia
Galego
singular | plural |
moa | moas |
- (Anatomía) Cada unha das pezas dentarias, situadas na parte posterior da arcada dentaria, cuxa función é tritura-la comida. No home adulto son 20, en número de 5 por hemimandíbula.
- Sinónimos: molar ou premolar, dente queixal.
- Termos relacionados: moa do seso, moa do xuízo, moa do cabo, escacha-la moa, regaña-la moa, como se lle sacaran as moas.
- Observacións: tecnicamente, distínguese entre premolares (2 por hemimandíbula) e molares (3 por hemimandíbula); o último molar de cada arcada é a chamada moa do xuízo.
- Peza do muíño, en forma de roda de pedra, que xira sobre o pé, moendo o gran que cae entre ela e o pé, fixo.
- Pedra que serve para afiar coitelos e outras ferramentas de corte.
- Exemplo: O afiador tivo que deixa-la moa en prenda.
- Sinónimos: aguzadeira, esperón, molexón, pedra de afiar.
- Exemplo: O afiador tivo que deixa-la moa en prenda.
- Pedra colocada sobre os pés do hórreo, normalmente circular, para evitar que suban os ratos á cámara do hórreo.
- Sinónimos: capa, tornarratos.
- Moega das aves.
- (Zooloxía) Ave non voadora pertencente á familia Dinornithidae, extinguida.
- (Zooloxía) Peixe de gran tamaño e forma arredondada, non comestible.