Saltar ao contido

metano

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «metano».
Fórmula esquelética estéreo do metano con medidas
  • Pronuncia: // (AFI)

Substantivo masculino

metano

  1. (Química) Hidrocarburo de fórmula CH4, o primeiro membro da serie dos alcanos. É un gas máis lixeiro que o aire, incoloro, inodoro e inflamábel. Encóntrase no gas natural, no gas grisú das minas de carbón, nos procesos das refinerías de petróleo, e como produto de descomposición da materia nos pantanos. É un dos gases máis importantes do efecto invernadoiro, polo que contribúe ao quecemento global da Terra.

Sinónimos

gas natural, gas dos pantanos, hidruro de metilo, tetrahidruro de carbono