Saltar ao contido

hebreo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Vexa no Galizionario as palabras en hebreo.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «hebreo».
  • Pronuncia: /ɛˈβɾeo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

hebreo (ms: hebreo; mpl: hebreos; fs: hebrea; fpl: hebreas)

  1. (Linguas do mundo) Lingua semítica que xunto co fenicio, o púnico e o moabita constitúe unha póla do antigo cananeo. Fálase en Israel.
  2. (Relixión) Individuo do pobo semita orixinario de Xudea ou que segue a súa relixión.

Adxectivo

hebreo (ms: hebreo; mpl: hebreos; fs: hebrea; fpl: hebreas)

  1. Relativo á lingua hebrea.
  2. Propio de, relativo ou pertencente ao pobo semítico que, de acordo á tradición bíblica, descende de Abraham e habitou o reino de Israel até a súa expulsión polos romanos.
  3. Relativo ou pertencente ao xudaísmo.