Saltar ao contido

guindastre

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «guindastre».
  • Pronuncia: /ɡinˈdastɾe̝/ (AFI)

Substantivo masculino

guindastre (sg: guindastre; pl: guindastres)

  1. Aparello de elevación de cargas, do que existen moitos modelos, cun gancho ou culler no cabo dun cable, que se enrola arredor dun torno de tracción e levanta a carga que logo pode mover.
    • Sinónimos: grúa (menos recomendable).
  2. Vehículo con este tipo de mecanismo, que pode levar outros vehículos.
    • Sinónimos: grúa (menos recomendable).
  3. (Mobiliario) Cilindro de madeira que se adoita enganchar nunha trabe do faiado e do que saen radialmente e a diferentes alturas múltiples varas das que á súa vez se penduran os chourizos para afumar na lareira. Da angarela pende a gramalleira.

Traducións