Saltar ao contido

globo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈɡlo.β̞o/ (AFI)

Substantivo masculino

globo (sg: globo; pl: globos)

  1. Obxecto feito cun material flexíbel, que se infla con aire e adquire diversas formas, sobre todo de esfera, e se que se emprega normalmente como xoguete.
    • Exemplo: Compreille uns globos ao meu neto.

  2. Especie de bolsa moi grande en forma de esfera ou de pera, feita de material flexíbel, que se infla cun gas menos denso que o aire para que ascenda e que leva xeralmente unha especie de cesto onde poden ir persoas.
    • Exemplo: Fixemos unha viaxe en globo na Capadocia.

  3. Obxecto de vidro ou doutra materia, con forma de esfera ou aproximadamente de esfera, que recobre unha lámpada.
    • Exemplo: Puxen uns globos no salón.

  4. Corpo en forma de esfera.
    • Exemplo: O globo ocular.

  5. Texto rodeado por unha liña que recolle os diálogos ou os pensamentos dos personaxes dun cómic, debuxo ou publicación similar.
    • Exemplo: Lía os globos en voz alta pra que aprendese o neno.

  6. (Deportes) Traxectoria semicircular que describe unha pelota cando se tira moi alta, en deportes como o fútbol, o baloncesto, o tenis, etc.
    • Exemplo: O pivote tirou un globo desde o centro da pista e encestou.