Saltar ao contido

confundir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /koɱ.fuŋ.'ðiɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

confundir

  1. Mesturar cousas diversas de maneira que non poidan recoñecerse ou distinguirse.
    • Exemplo: A escuridade confunde as contornas das cousas.

  2. Pensar equivocadamente que unha persoa ou cousa é outra.
    • Exemplo: Confundíchesme e collín outro camiño.

  3. Facer que alguén tome unha persoa ou cousa por outra.
    • Exemplo: Sempre confundo ás xemelgas.

  4. Desconcertar a alguén.
    • Exemplo: A súa estratexia confundíu aos xogadores do equipo contrario.

  5. Tomar algo equivocadamente por certo.
    • Exemplo: O profesor confundíu meu nome.

  6. Deixar a alguén sen capacidade de resposta nunha disputa.
    • Exemplo: Os meus argumentos confundiron a meuu opoñente.

  7. Xuntar ou mesturar unhas cousas con outras, de xeito que non se distinguen ou non se entenden.
    • Exemplo: Sempre confunde todos os papeis no seu despacho, e despois non sabe onde buscalos.

  8. Perturbar o espírito de alguén, deixalo sen saber que dicir ou sen poder reaccionar.
    • Exemplo: O cinismo so meu amigo confúndeme.

Verbo pronominal

confundirse

  1. Ser imposible de distinguir algo ou alguén por estaren xuntos ou mesturados con outras cousas ou persoas coas que teñen relación, pola súa complexidade, etc.
    • Exemplo: Meteuse no tumulto e confundiuse entre a xente.

  2. Tomar, dicir ou facer unha cousa distinta da que se pretendía ou da que ten que ser en realidade.
    • Exemplo: Xa me volvín confundir, esta non é a casa do meu amigo.