Saltar ao contido

bucina

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «bucina».
  • Pronuncia: /buˈɣina̝/ (AFI)

Substantivo feminino

bucina (sg: bucina; pl: bucinas)

  1. Aparello que emite sinais acústicos, consistente nunha peza en forma de embude e unha lingüeta que vibra, que soa ao apertar un recipiente de forma esférica de goma que lle bota o aire con presión.
  2. Aparello que emite forte son amplificado en barcos e automóbiles, de natureza mecánica ou eléctrica.
  3. Instrumento de forma cónica metálica que se achega á boca pousándoo nos beizos para amplificar a voz.
  4. (Zooloxía) Animal gasterópodo da orde dos monotocardios, cunha cuncha que pode acadar os vinte e cinco cm, de forma oblonga, con manchas castañas e brancas.
  5. Cuncha deste molusco, furada pola punta, que se emprega para que soe soprando nela.
  6. (Música) Trompeta medieval recta, longa e estreita.


Latín

  • Pronuncia: /ˈbuː.ki.na/, [ˈbuːkɪnä] (Clásico)
  • Pronuncia: /ˈbu.t͡ʃi.na/, [ˈbuːt͡ʃinä] (Eclesiástico)

Substantivo feminino

bucina

  1. Corna.
  2. (Música) Trompeta, corneta...