compás
Aparencia
Grafías semellantes: compas , Compas |
Galego
- Etimoloxía: de compasar.
- Pronuncia: /komˈpas/ (AFI)
compás (sg: compás; pl: compases)
- Instrumento de navegación que indica a dirección dos polos magnéticos.
- Sinónimos: agulla de marear.
- (Xeometría) Ferramenta usada principalmente para deseñar círculos e arcos.
- (Música) É a entidade métrica musical, composta por varias unidades de tempo. Esta división represéntase gráficamente por unhas liñas verticais, chamadas liñas divisorias ou barras de compás que se colocan perpendicularmente ás liñas do pentagrama.