-ente
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín -entēm, acusativo de -ens, -entis.
- Pronuncia: /ˈen̪.te/ (AFI)
- Forma adxectivos derivados de verbos da segunda ou da terceira conxugacións, e siginifica 'que executa a acción expresada pola base', como en dirixente, dependente. Moitos destes adxectivos adoitan substantivarse e algúns lexicalizáronse como substantivos e xeraron, ás veces, unha forma feminina en -nta, como en dependenta, escribenta.
Toma a forma -ante cando o verbo base é da primeira conxugación, como en andante, camiñante, paseante.