-ble
Aparencia
Galego
-ble , ´-bel
- Elementos de formación de palabras empregados para formar adxectivos case sempre derivados de verbos, que indican posibilidade pasiva, é dicir, capacidade ou aptitude para recibir a acción do verbo. Se o verbo é da primeira conxugación, os sufixos toman as formas -able, -ábel, como en agradable, agradábel, prorrogable, prorrogábel. Se é da segunda ou a terceira, toman as formas -ible, -íbel, como en recoñecible, recoñecíbel, distinguible, distinguíbel. Os derivados de verbos intransitivos ou de substantivos adoitan ter valor activo: agradable, agradável, servible, servíbel.