Saltar ao contido

convir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Revisión feita o 23 de setembro de 2023 ás 13:21 por Cullerdés (conversa | contribucións) (arraniño)
(dif) ←Revisión máis vella | ver revisión actual (dif) | Revisión máis nova→ (dif)

Galego

  • Pronuncia: /kom.ˈbiɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

convir

  1. Chegar (varias persoas) a un acordo.
    • Exemplo: Os membros da comunidade de propietarios convimos unha suba da cota.

  2. Estar de acordo con alguén en algo.
    • Exemplo: Teño que convir contigo no que me dis porque é a pura verdade.

  3. Ser conveniente, útil, adecuado ou bo (unha persoa ou algo), para algo ou alguén.
    • Exemplo: Non o aceptei, porque non me conviña aquel traballo.

Antónimos

desconvir

Sinónimos

acordar, concertar, coincidir

Conxugación

Traducións

Portugués

Verbo transitivo

convir

  1. Convir.