Jean Cocteau
Aparencia
Jean Cocteau (5 de xullo de 1889 - 11 de outubro de 1963). Poeta, novelista, dramaturgo, pintor, deseñador, crítico e cineasta francés.
Citas
[editar]- "Hai tres cousas que xamais puiden comprender: o fluxo e refluxo das mareas, o mecanismo social e a lóxica feminina."
- "Conseguírono porque non sabían que era imposíbel."
- "O meu pesimismo non é senón unha variedade do optimismo."
- "Non se pode ser indiferente ante a contaminación interior do home."
- "Non se debe confundir a verdade coa opinión da maioría."
- "Un egoísta é aquel suxeito que se empeña en falarche de si mesmo cando ti estás morrendo de ganas de falar de ti."