Saltar ao contido

Feminismo

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
Revisión feita o 14 de febreiro de 2016 ás 19:48 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.

Citacións feministas

[editar]

Dereitos das mulleres

[editar]
  • Pedimos xustiza, pedimos igualdade, pedimos que todos os dereitos civís e políticos que pertencen aos cidadáns dos Estados Unidos estean garantidos para nós e para as nosas fillas para sempre. --Susan B. Anthony
  • Os homes, os seus dereitos, e nada mais; as mulleres, os seus dereitos, e nada menos. --Susan B. Anthony
  • Fomos nós, o pobo; non nós, os cidadáns brancos homes; nin aínda menos nós, os cidadáns homes; senón nós, todo o pobo, quen formamos a Unión. --Susan B. Anthony
  • O descubrimento básico sobre calquera pobo é o descubrimento da relación entre os seus homes e as súas mulleres. --Pearl S. Buck
  • Cando falamos do dereito ao mesmo salario polo mesmo traballo dise que as mulleres xa imos avanzando. Se seguirmos con este paso acadaremos a igualdade de aquí a 475 anos. Eu non sei vós, pero eu non podo agardar tanto. --Lya Sorano
  • Sentirei que chegou a igualdade cando podamos elixir representantes mulleres que sexan tan incompetentes como algúns dos homes que xa o son. --Maureen Reagan

Definicións de feminismo

[editar]
  • Ser feminista implica ser "unha persoa moi desagradábel que chee berra" ou "alguén que cre que as mulleres son seres humanos"? Para min é o segundo, así que me apunto. --Margaret Atwood
  • Se o divorcio se incrementou nun 1000%, non culpes o movimento das mulleres. Culpa os roles sexuais obsoletos nos que se baseaba o matrimonio. --Betty Friedan discurso, Nova Iorque, Xaneiro 20, 1974
  • Virei feminista como alternativa a ser masoquista. --Sally Kempton, xornalista
  • O feminismo é o concepto radical de que as mulleres son seres humanos. --Cheris Kramerae, autora de A Feminist Dictionary, 1996
  • Un/ha feminista é alguén que recoñece a igualdade e a completa humanidade de mulleres e homes. --Gloria Steinem
  • Eu nunca conseguín saber o que é exactamente o feminismo: só sei que a xente me chama feminista cando expreso sentimentos que me diferencian dunha mangoneada ou dunha prostituta. --Rebecca West, 1913

Roles

[editar]
  • Aa mulleres non teñen que sacrificar a súa vida como persoas para seren mais. non teñen que sacrificar a maternidade para seren persoas. O propósito da liberación era expandir as oportunidades das mulleres, non limitalas. A autoestima que as mulleres teñen encontrado en novas metas tamén se pode encontrar na maternidade. --Elaine Heffner
  • Lembra, Ginger Rogers fixo todo o que fixo Fred Astaire, pero ela fíxoo cara atrás e con tacóns. --Faith Whittlesey

Revolución

[editar]
  • Se ben é verdade que a vida nesta sociedade é, sendo optimistas, un completo aborrecimento e que ningún aspecto da sociedade é relevante en absoluto para as mulleres, corresponde a mulleres cívicas, responsábeis e á procura de emocións fortes derrocar o goberno, eliminar o sistema monetario, instituír a mecanización total e destruír o sexo masculino. --Valerie Solanas
  • Se non se presta suficientes cuidados e atencións ás mulleres, estamos determinadas a fomentar unha rebelión, e non nos vamos deixar limitar por leis nas que non temos nin voz nin representación. --Abigail Adams
  • Isto non é unha sinxela reforma. Realmente é unha revolución. Como son diferenzas visíbeis, o sexo e a raza foron os mecanismos principais de organizar os seres humanos en grupos superiores e inferiores e de crear mao de obra barata da que o sistema aínda depende. Estamos falando dunha sociedade na que non haberá máis roles que os escollidos ou aprendidos. Na verdade estamos falando de humanismo. --Gloria Steinem

Citacións non feministas

[editar]
  • As feministas teñen unhas ansias desesperadas de probar que as mulleres son tan fortes como os homes. Vese claramente que están presas do medo de as mulleres NON seren tan fortes e tan capaces como os homes. --Ted Kaczynski, pt. 14 no manifesto Unabomber
  • [O feminismo é] un movemento político socialista contra a familia que encoraxa as mulleres a deixaren os seus maridos, asasinar os seus fillos, practicar a bruxaría, destruír o capitalismo e tornaren lesbianas. --Pat Robertson, Convención Nacional Republicana, 1992
  • Sei que isto molesta as mulleres, pero se unha muller casa, está aceptando se rexir por un home, o seu marido. Cristo rexe a familia e o marido rexe a muller, e así é como é, punto final. -Pat Robertson (Coligación Cristiá)
  • Son unha muller moi tradicional. Os homes debería cuidar de min, e se os homes cuidasen hoxe das mulleres, non teríamos que votar. -Kay O'Connor (Senadora republicana do Estado de Kansas)
  • O feminismo estabeleceuse para permitir que as mulleres feas poidan escapar facilmente da marxinalidade na sociedade. -Rush Limbaugh
  • Por moito que critiquen a "discriminación", as mulleres simplemente carecen da ambición e da determinación necesarias para competiren con éxito no fero mundo do capitalismo. -Pat Buchanan
wikipedia
wikipedia
Vexa o artigo da Wikipedia acerca de feminismo