Mausoleo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Un mausoleo é un edificio externo construído como un monumento que inclúe o espazo de enterro ou a cámara de enterro dunha ou varias persoas defuntas. O mausoleo funerario baleiro erixido en honra dunha persoa ou grupo de persoas para os que se desexa gardar un recordo especial chámase cenotafio. Os mausoleos cristiáns algunhas veces teñen tamén unha capela. Unha tumba pode ser considerada un mausoleo.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Etimoloxicamente provén do latín: Mausolēum, sepulcro de Mausolo, rei de Caria, quen se fixo construír o famoso Mausoleo de Halicarnaso, unha das chamadas Sete Marabillas do Mundo. Mausolo era un dos príncipes máis ricos e poderosos do seu tempo; á súa morte foi tan chorado pola súa esposa Artemisa II que esta, para enaltecer a memoria do seu amado, mandou construír en Halicarnaso un magnífico sepulcro, cuxo esplendor eclipsaba todo o que neste xénero se vira ata entón. Medía 400 pés de circunferencia, 140 de altura e contiña no seu recinto 36 columnas. A pirámide que coroaba o monumento tiña por remate un carro de mármore tirado por catro cabalos.
Moitos soados escultores, Timoteo, Escopas e Leocares, entre outros, arrequecérono con estatuas e baixorrelevo. Desde entón, o nome de Mausoleo foi aplicado a todos os monumentos fúnebres levantados en honra dun príncipe ou outro personaxe notable.
Mausoleos destacados
[editar | editar a fonte]Algúns mausoleos destacados no mundo son:
- A capela Colleoni, unha capela/mausoleo na cidade italiana de Bérgamo.
- Taj Mahal, ordenado construír polo emperador mogol Sha Jahan co fin de servir de sepultura onde gardar os restos mortais da súa esposa Mumtaz Mahal en Agra, na India. A súa construción comezou en 1632 e tardouse máis de 20 anos en finalizalo. Foi unha das marabillas do mundo e é unha das máis fermosas, ademais de ser unha das máis grandes.
- O mausoleo de Augusto é un impoñente monumento funerario do século I a.C., de planta circular, situado en Roma.
- O mausoleo de Itimad-Ud-Daulah atópase na cidade de Agra no estado indio de Uttar Pradesh. Coñécese tamén como "o pequeno Taj", xa que algúns o consideran como un bosquexo do Taj Mahal.
- O Mausoleo de Lenin ou Tumba de Lenin é o mausoleo de Vladimir Ilich Ulianov, máis coñecido como «Lenin». Foi levantado por orde do Goberno Soviético tras a súa morte en 1924 e expón o seu corpo embalsamado ao público desde entón, salvo en poucas ocasións en tempos de guerra.
- Anıtkabir (literalmente "tumba memorial") é o mausoleo de Mustafa Kemal Atatürk, o líder da Guerra de Independencia Turca e fundador e primeiro presidente da República de Turquía.[1] O mausoleo localízase na cidade de Ancara.
- O mausoleo de Constantina, coñecido como igrexa de Santa Constanza, atópase na cidade de Roma. Foi construído no segundo cuartel do século IV para a filla do Emperador Constantino.
- O Mausoleo de Teodorico e Amalasunta é un monumento situado nos arredores de Rávena (Italia), construído en mármore branco de Istria polo rei Teodorico o Grande cara ao ano 520 d.C. coa intención de que fose a súa futura tumba. É a máis soada construción funeraria dos ostrogodos.
- O Mausoleo do Báb, situado sobre o Monte Carmelo en Haifa, Israel, contén os restos mortais do Báb, fundador do Babismo e precursor de Bahá'ou'lláh, creador da Fe Bahá'í.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "1923: Ancara torna-se capital dá Turquia". Deutsche Welle 12.10.2006 (en portugués). 2006. Consultado o 22/07/2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mausoleo |