Saltar ao contido

Arroz salvaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zizania

Grans de Zizania palustris (arroz salvaxe)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Ehrhartoideae
Tribo: Oryzeae
Xénero: Zizania
L.
Especies
Véxase no texto.
Sinonimia

O arroz salvaxe é o nome común dado a moitas das especies do xénero Zizania, xénero botánico pertencente á familia Poaceae. Orixinario de Eurasia e América do Norte. Pode atoparse hoxe en día nos supermercados xunto co arroz verdadeiro.

Clasificación do xénero

[editar | editar a fonte]
Sistema Clasificación Referencia
Linné Clase Monoecia, orde Hexandria Species plantarum (1753)

Na clasificación taxonómica de Jussieu (1789), Zizania é o nome dun xénero botánico, orde Gramineae, clase Monocotyledones con estames hipoxínicos (cando os estames se inseren no receptáculo da flor baixo o nivel do ovario).

O xénero Zizania está composto de catro especies chamadas popularmente de arroz salvaxe, pertencentes ao grupo das gramíneas, que medran en augas superficiais de lagoas, lameiros e brañas. Frecuentemente, só a espiga aparece fóra da auga. O arroz verdadeiro (xénero Oryza), tamén é unha gramínea e as dúas especies están emparentadas, dividindo a tribo Oryzeae.

Tres especies son nativas de América do Norte e unha de Asia:

Uso como alimento

[editar | editar a fonte]

As sementes das dúas especies anuais son as que máis se cultivan. Os indios de América do Norte apañábanas remando coas súas canoas entre as touceiras, entre dúas persoas, coma se fose un ritual, apañando os cachos con bastóns de madeira. Tiñan o coidado de limitar o tamaño dos bastóns para que algunhas sementes caísen, garantindo así as colleitas futuras. Moitas tribos consideraban o manoomin, como o chamaban, sagrado na súa cultura.

Na China, no entanto, onde foi noutrora un alimento importante, perdeu importancia co aumento da poboación e a perda do seu hábitat, que se converteu en leiras de arroz común. O uso do gran practicamente desapareceu, aínda que se continúa a cultivar coma verdura, consómense as puntas e a espiga moscada por fungos, sendo un vexetal popular en Asia co nome de gaosun, coba, makomo ou bambú de auga.

O arroz salvaxe é rico en proteínas, aminoácidos, lisina e fibras, con baixo contido de graxas. Do mesmo xeito ca o arroz verdadeiro, non contén glute, polo que é axeitado para dietas celíacas. É tamén unha boa fonte de fósforo e potasio, e de vitaminas, tiamina, riboflavina e niacina. Por causa do seu valor nutricional, o seu consumo popularizouse a finais do século XX e comezos do XXI, producíndose no Canadá, en California e en Minnesota, en cultivos irrigados ou naturais.

Lista completa de Especies

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]