Zersenay Tadese
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1982 (42 anos) Mendefera, Eritrea (pt) |
Altura | 160 cm |
Peso | 56 kg |
Actividade | |
Ocupación | maratoniano, fondista, atleta |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Maratón |
Participou en | |
6 de maio de 2017 | Breaking2 (en) |
2016 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
Familia | |
Irmáns | Kidane Tadesse |
Zersenay Tadese (en tigriña: ዘርእሰናይ ታደሰ), nado o 8 de febreiro de 1982, é un deportista eritreo de longa distancia. Catro veces campión do mundo de medio maratón, tamén bateu o récord mundial de medio maratón 21 de marzo de 2010 por dez segundos, ao impoñerse na 20ª edición da carreira de Lisboa cun tempo oficial de 58:23 que lle reportou un premio de 50.000 euros.
Tadesse converteuse no primeiro deportista de Eritrea en gañar unha medalla olímpica cando se fixo co bronce na final dos 10 000 metros nos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas logo de rematar despois dos etíopes Kenenisa Bekele e Sileshi Sihine. Ademais, converteuse no primeiro deportista do seu país en lograr un título mundial ao vencer no Campionato do Mundo de Medio Maratón de 2006.
En abril de 2006, finalizou cuarto no Campionato Mundial de Campo a Través, conseguindo xunto cos seus compañeiros Yonas Kifle, Ali Abdallah e Tesfayohannes Mesfen facerse coa medalla de prata por equipos, só por detrás do combinado de Kenya. En setembro dese mesmo ano, logrou a medalla de ouro no primeiro Campionato do Mundo en Ruta sobre unha distancia de 20 quilómetros organizado pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zersenay Tadese |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Zersenay Tadese en World Athletics (en inglés)
- Zersenay Tadese na páxina da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (en inglés)