Yuri Andrujovich
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1960 (64 anos) Ivano-Frankivsk, Ucraína (pt) |
Educación | Instituto de Literatura Maxim Gorki Ukrainian Academy of Printing (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, Ukrainian literature (en) , ensaio, tradución e Ukrainian poetry (en) |
Ocupación | escritor, tradutor, poeta, ensaísta |
Partido político | People's Movement of Ukraine (en) |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Sofia Andrukhovych |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Yuri Andrujóvich (en ucraíno: Ю́рій І́горович Андрухо́вич), nado en Stanislav, Ucraína o 13 de marzo de 1960, é un escritor ucraíno, xornalista e tradutor, que se destacou polas súas novelas, poemas e ensaios.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou xornalismo no Instituto de Poligrafía de Ucraína en Lviv, onde se diplomou en 1982; posteriormente terminou tamén os Cursos Superiores Literarios do Instituto de Literatura Maksim Gorki de Moscova (1991).
Fixo o servizo militar no exército soviético en 1983-84 e esa experiencia foi reflectida máis tarde nos seus contos.
Comezou a súa carreira literaria con poesías que apareceron en diversas revistas e o primeiro libro que publicou foi un poemario —Небо і площі (en galego, Ceo e nubes)—, en 1985. Ese mesmo ano cofunda, cos escritores Víctor Neborak e Oleksandr Irvanets, o grupo poético BuBaBu —cuxas siglas están tomadas das primeiras sílabas das palabras ucraínas para "Bufonería", "Farsa" e "Burlesco"—, do que é considerado patriarca. En 1987 saíu o seu primeiro libro de narrativa, unha recompilación de contos, e en 1992 publicou a súa primeira novela.
Aínda que promotor da lingua e identidade ucraína, non se lle adoita considerar dentro dos nacionalistas. En entrevistas, proclamou que respecta tanto o ruso como o ucraíno no seu país e autotraduciuse ao ruso.
Foi vicepresidente da Asociación de Escritores Ucraínos desde a súa fundación en 1997 —como alternativa á Unión de Escritores de Ucraína, de tradición soviética— até o ano 2000.
As súas obras foron traducidas a numerosos idiomas.
Obras
[editar | editar a fonte]- Небо і площі, poemario, 1985 (Ceo e nubes)
- Зліва, де серце, contos, 1987 (Á esquerda, onde está o corazón)
- Середмістя, poemario, 1989 (O centro da cidade)
- Екзотичні птахи і рослини, poemario, 1991 (Aves e plantas exóticas)
- Рекреації, novela, 1992 (Recreacións)
- Московіада, novela, 1993 (Moscoviada)
- Перверзія, novela, 1996 (Perversión)
- Екзотичні птахи і рослини з додатком «Індія»: Колекція віршів, poemario, 1997 (Aves e plantas exóticas co engadido de India: colección de poemas)
- Дезорієнтація на місцевості, ensaios, 1999 (Desorientación de lugar)
- Моя Європа, ensaio, 2000 (A miña Esuropa)
- Центрально-східна ревізія, ensaios, 2000 (Revisión central-europea)
- Дванадцять обручів, novela, 2003 (Doce aneis)
- Пісні для мертвого півня, poemario, 2004 (Cantos para o galo morto)
- Диявол ховається в сирі, ensaios, 2006 (O diaño escóndese no queixo)
- Таємниця. Замість роману, novela, 2007 (Misterio. En lugar dunha novela)
Traducións
[editar | editar a fonte]Traduciu a Shakespeare e a autores alemáns, estadounidenses e rusos. Traduciu do polaco, entre outros, a poesía de Czesław Milosz , así como aos escritores Tadeusz Konwicki e Bruno Schulz.
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]- Premio Blahovist 1993
- Premio da Fundación Helen Shcherban-Lapika 1996 (xunto co resto de poetas do grupo BuBaBu e a Oksana Zabuzhko)
- Premio da revista literaria Suchasnist 1997
- Premio Lesia & Petró Kovalev 1998
- Premio Herder 2001
- Premio da Paz Erich Maria Remarque 2005
- Premio Angelus de Literatura Centroeuropea 2006 (Polonia) por Doce anillos
- Premio ó Acercamento Europeo 2006 (Leipzig) por Дванадцять обручів (en galego, Doce aneis)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yuri Andrujovich |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Yuri Andrujovich Arquivado 17 de abril de 2009 en Wayback Machine.
- Andrujovich na editorial Acantilado
- La emotiva 'geopoética' de Yuri Andrujóvich traza las fronteras de Kosmopolis edición dixital de El País Cataluña, 18.10.2006; acceso 04.08.2011
- Ignacio Vidal-Folch. El último territorio, de Yuri Andrujóvich, Letras Libres, xaneiro 2007; acceso 04.08.2011
- Juan Forn. El muerto que habla, Página/12, 27.06.2007; acceso 04.08.2011
- José María Guelbenzú. Miedo al ayer y al mañana, El País, 17.11.2007; acceso 04.08.2011
- Víctor Andresco. Cóctel 'vitriolov', sobre Moscoviada, El País, 11.06.2011; acceso 04.08.2011
- Camilo Marks. Medianoche en Moscú, recensión de Moscoviada na Revista de Libros de El Mercurio, 31.07.2011; acceso 04.08.2011
- Biografía de Andrujovich, en ucraíno
- Biografía de AndrujovichArquivado 18 de setembro de 2017 en Wayback Machine., en inglés
- Páxina dedicada a AndrujovichArquivado 04 de novembro de 2008 en Wayback Machine., en ucraíno, aínda que a súa biografía está tamén en inglés e alemán
- Artigos de Andrujovich no semanario Zérkalo Nedeli (O Espello da Semana) en ucraíno e rusoArquivado 12 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.