Yoda
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Yoda | |
---|---|
Star Wars Exhibition, Odysseum, Köln, Alemaña, 2015 | |
Creador(es) | Stuart Freeborn, George Lucas |
Voz orixinal | Frank Oz |
Información |
Yoda é un personaxe de ficción do universo d'A Guerra das Galaxias. O artista de efectos especiais Stuart Freeborn afirmou que se fixara na faciana de Albert Einstein para modelar a cabeza do mestre jedi.[1]
Características
[editar | editar a fonte]
Yoda | |
---|---|
Cargo: | Mestre Jedi. |
Afiliación: | Orde Jedi. |
Especie: | Descoñecida |
Planeta natal: | Descoñecido |
Equipo habitual: | Sabre de luz. |
Actor: | Frank Oz |
Yoda é un dos jedi máis grandes de toda a historia, aínda que non se coñece o seu mestre. Naceu 896 anos antes da batalla de Yavin e morreu 4 anos despois da mesma. Medía 0,66 metros. Ademais de ser un dos mellores mestres Jedi e membro do Consello, é un dos mellores coñecedores de A Forza. Foi o Mestre do Conde Dooku, Mace Windu, Ki-Adi-Mundi, Obi-Wan Kenobi (antes de que se lle asignase a Qui-Gon Jinn), e Luke Skywalker.
Historia
[editar | editar a fonte]Polo xeral subestimado polo seu tamaño, foi un dos seres máis poderosos e intelixentes da Galaxia. Serviu coma cabeza do Consello Jedi durante varias décadas, as últimas antes da caída da República Galáctica xunto a Mace Windu. Yoda serviu como titor de iniciados Jedi, que aínda non tiñan un Mestre persoal.
Durante o Episodio I, Yoda e o Mestre Windu, ao tomar coñecemento das revelacións do Cabaleiro Jedi Qui-Gon Jinn e o seu aprendiz Obi-Wan Kenobi (de feito este último, antigamente foi aprendiz de Yoda), danse conta que a súa habilidade para controlar a Forza diminuíu e, peor aínda, que a ameaza Sith non estaba extinta desde había mil anos como se cría.
Loitou en Geonosis, precisamente foi quen salvou á Orde Jedi ao entrar en combate co exército de clons, e estivo a piques de evitar as Guerras Clon ao baterse en duelo co Conde Dooku, quen logo de derrotar facilmente ao Cabaleiro Jedi Obi-Wan Kenobi e o seu padawan Anakin Skywalker, non o tivo nada fácil fronte a Yoda e fuxiu levando consigo os planos da futura Estrela da Morte.
Tempo despois foi asignado coma protector do planeta Kashyyyk, onde tivo que repeler ás forzas dos separatistas. Durante o masacre dos Jedi pola Orde 66 (executada por Darth Sidious, Yoda e Obi-Wan Kenobi, dous dos poucos membros do Consello Jedi que sobreviven, van na busca dos dous principais Sith: o recentemente nomeado Emperador Palpatine (Darth Sidious) e o seu novo aprendiz e antigo padawan de Obi-Wan, Darth Vader. Yoda enfrontaríase a Sidious nun electrizante combate, con todo non lograría derrotalo. Desmoralizado e sabedor do inmenso poder tanto de Darth Sidious como do seu novo aprendiz, o Lord Sith Darth Vader, o Mestre Yoda exiliouse no planeta Dagobah, coa axuda do senador Bail Organa, non sen antes reunirse por derradeira vez con Obi-Wan, e confirmarlle o último descubrimento Jedi, un coñecemento que tiña que ver co xa defunto Qui-Gon Jinn, e que permitía fusionarse coa Forza e regresar logo de morto. Yoda, Bail Organa e Obi-Wan ven morrer a Padmé Amidala e agochan do Emperador Palpatine aos fillos de Anakin Skywalker, coñecedores que por eles corría a Forza con case a mesma intensidade que no pai.
Obi-Wan convértese entón no aprendiz de Qui-Gon, e reinventan a disciplina Jedi, adecúana a tempos actuais, sen ostracismos e conservadorismos nos que os Jedi caeran: tal é así que non forzan o adestramento Jedi de Luke Skywalker nin o de Leia Organa (apelido tomado polo seu pai adoptivo), senón que deixan que a Forza lles revele o seu destino.
O último padawan que tería Yoda sería alguén case tan poderoso como o Elixido, o seu fillo Luke, ao que ensina durante dúas etapas. Primeiro durante o Episodio V, e logo antes do Episodio VI. Yoda, no Episodio VI, faise un coa Forza, e deixa o mundo material fronte a Luke. As súas últimas palabras serían para confirmarlle que Darth Vader é o seu pai, que á súa morte o último Mestre Jedi sería el e que para converterse en Jedi a súa última proba sería confrontar e vencer ao seu propio pai: Vader.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Maestro Yoda está inspirado en una persona real: Stuart Freeborn se fijó en los rasgos y la sabiduría de un famoso científico alemán". SensaCine.com (en castelán). 2024-10-30. Consultado o 2024-10-31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yoda |